Nos hidrozoos, denomínase cenósteo ao esqueleto calcario dos hidrocorais da familias dos milepóridos, que presenta perforacións superficiais de dous tamaños diferentes para o asentamento dos gastrozoides e os dactilozoides, e perforacións profundas (canais) para a comunicación entre os diferentes pólipos da colonia.[1]

Vista dunha porción do cenósteo de Millepora exaesa

Trátase dun material esquelético pétreo segregado polo cenosarco, a capa de material vivo que se encontra entre os coralitos (as copas pétreas coas que o pólipo se sustenta).

O cenósteo está composto de aragonita, unha das formas cristalinas alotrópicas do carbonato cálcico, e xeralmente é un material esponxoso e poroso. Ás veces, o cenosteo presenta ornamentacións, como cristas e bólas, visíbles como áreas elevadas do cenosarco. O conxunto do cenósteo e os coralitos coñécese como corallum.[2][3][4]

Notas editar

  1. Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1, p. 88.
  2. Ruppert, Edward E.; Fox, Richard, S.; Barnes, Robert D. (2004). Invertebrate Zoology, 7th edition. Boston, Massachusetts, USA: Cengage Learning. pp. 134–135. ISBN 978-81-315-0104-7. 
  3. "Coensarc and coenosteum". Coral Hub. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2017. Consultado o 28 de agosto de 2020. 
  4. "The polyp skeleton". Corals of the World. Australian Institute of Marine Science. 2013. Consultado o 28 de agosto de 2020.