A aragonita[1] é un mineral da clase dos carbonatos formado pola combinación do calcio, o carbono e o osíxeno, de fórmula química CaCO3 e que cristaliza no sistema ortorrómbico.

Aragonita
Aragonita
Fórmula químicaCaCO3
ClaseCarbonatos
Sistema cristalinoOrtorrómbico
CorBranca, parda, verde, violácea ou agrisada
BrilloVítreo
Dureza3,5-4
FracturaIrregular, concoide
ExfoliaciónImperfecta
RaiaBranca
Densidade2,94 g/cm3

Aspecto editar

Presenta cristais de forma tabulares hexagonais, normalmente de cor branca ou parda. En ocasión os cristais crecen en forma de piña, formando maclas ou en forma de agregados radiados ou aciculares.

Lugares onde se atopa editar

A aragonita atópase en moi diversos xacementos: en zonas de oxidación, en drusas e filóns de rochas eruptivas, en arxilas e en depósitos de fontes termais. Encóntrase a miúdo en asociación co cuarzo e con minerais de oxidación.

Propiedades editar

Este mineral presenta reacción ó ácido clorhídrico, expulsando CO2 cando se pon en contacto con esta substancia.

Algunhas variedades poden presentar fluorescencia baixo os raios ultravioleta.

Outros carbonatos editar

A calcita é outro carbonato, que ademais é polimorfo da aragonita (comparte a mesma composición química).

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aragonita.