Castelo de Castilnovo

O castelo de Castilnovo é unha fortificación medieval situado na vila de Condado de Castilnovo, na provincia de Segovia. En xuño de 1931 foi declarado Ben de Interese Cultural.

Castelo de Castilnovo
ben de interese cultural
ConcelloCondado de Castilnovo
ProvinciaSegovia
Comunidade
autónoma
Castela e León
Coordenadas41°14′17″N 3°45′35″O / 41.23805556, -3.75972222Coordenadas: 41°14′17″N 3°45′35″O / 41.23805556, -3.75972222
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalrománico (s. XII-XV)
Estilo actualRestaurado
editar datos en Wikidata ]

É de orixe é árabe, construído entre os séculos XII e XV en estilo mudéxar toledano, obra de alarifes árabes. Foi sede do condado de Castilnovo, e pertenceu a Álvaro de Luna, á familia Zúñiga (antes Estúñiga), e aos Duques de Frías. O topónimo da vila fai referencia á fortificación, "Castelo Novo". É coñecido tamén como castelo de Galofre.

Encóntrase na depresión do val do río San Juan (afluente do Duratón), entre Villafranca e Valdesaz. Está ben conservado e cun frondoso arboredo.

Descrición editar

O seu estado actual pouco lembra á época califal, debido ás múltiples modificacións ao longo da historia, responsables da amálgama de estilos arquitectónicos que sobre a fortificación se superpoñen. É unha mestura entre fortaleza e pazo, de planta cadrada, na cal destacan as súas impoñentes torres, tres prismáticas e outras tres cilíndricas, que perden sinxeleza ao estaren adornadas de numerosos balcóns e ventanais, algúns encadrados con alfiz, aximezados, con arcos de ferradura, conopiais e apuntados. Nel pódese ver unha bela mestura de pedra de cadeirado, con ladrillos mudéxares e cachotaría, todo iso rodeado dunha densa vexetación que cobre unha boa parte do edificio. Dentro do castelo existe un patio de armas e varias salas museo, así como unha biblioteca.

Historia editar

A orixe do castelo está aínda na penumbra. Algúns investigadores atribúeno a Abderramán I, quen o fundaría no século VIII. Outros investigadores inclínanse por atribuírllo a Almanzor no século X. Lamentable non quedan restos desa época tan remota. Nos séculos XII e XIII datamos os arcos apuntados do lado Oeste do Patio de Armas. Posteriormente, fóronse pegando as seis torres: Solaina, Porta e Vella, e máis tarde as do Mouro, Caracol e Álvaro de Luna.[1] As últimas reformas remóntanse aos séculos XIX e XX.

Aloxou os reis de Aragón, Fernando I e Leonor. Posteriormente Xoán II fixo entrega deste ao seu valido, Álvaro de Luna. Á morte deste Henrique IV entregou Castilnovo a Juan Pacheco.

É adquirido posteriormente, xunto cunha grande extensión de terreo ao seu arredor, por Fernando o Católico, creando deste xeito o Condado de Castilnovo para ser cedido como dote para a súa neta Juliana Ángela de Velasco e Aragón, primeira condesa de Castilnovo, en 1557. No século XVI aloxou os fillos do rei de Francia, Francisco I, como reféns, trala Batalla de Pavia.

En 1859 o príncipe alemán de Hohenzollern, o seu propietario, vendeullo a José Galofre, secretario e pintor de Cámara da raíña Isabel II. Foi restaurado no século XIX. O castelo pertenceu despois aos marqueses de Quintanar,quen o venderon a unha asociación hispano-mexicana, chamada Castilnovo S.A., convertendo este nunha gran mansión.

Notas editar

  1. "Condado de Castilnovo, al abrigo de la historia". El Adelantado de Segovia (en castelán). 21 de xaneiro de 2017. Consultado o 13 de xullo de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar