Carmen Martín Gaite

escritora española

Carmen Martín Gaite, nada en Salamanca, o 8 de decembro de 1925 e finada en Madrid o 23 de xullo de 2000, foi unha escritora española. Recibiu, entre outros, o Premio Nadal e o Premio Príncipe de Asturias das Letras.

Infotaula de personaCarmen Martín Gaite

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1925 Editar o valor em Wikidata
Sevilla, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de xullo de 2000 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Milán, Italia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnsaio, escrita, Escrita creativa e profesional, literatura xuvenil, television screenwriting (en) Traducir, tradución, xornalismo e crítica literaria Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónavogada Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela, conto, poesía, Drama e Guión Editar o valor em Wikidata
MovementoXeración de 1950 de Literatura española Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRafael Sánchez Ferlosio (1953–1970)
FillosMarta Sánchez Martín (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0554544 Dialnet: 120937 Musicbrainz: 33ad3960-d8f1-4409-a02e-437f380a50e4 Discogs: 2784335 Find a Grave: 7563176 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Carmen Martín Gaite era a segunda filla de José Martín, notario natural dunha aldea de Valladolid pero que se consideraba de Madrid, e María Gaite, galega de Ourense. Non foi na primeira infancia ao colexio xa que o seu pai non apreciaba a educación relixiosa e cría que era difícil atopar en Salamanca colexios non relixiosos de calidade. Ademais de profesores particulares, o seu propio pai iniciouna na arte, a historia e a literatura. Pouco antes da Guerra Civil española, envían a súa irmá Ana María a estudar ao Instituto Escuela de Madrid, co proxecto de que Carmen se unise a ela dous anos despois. A guerra cambiou os plans e pasou aqueles anos en Salamanca, con medo polas ideas liberais do seu pai e dos amigos deste, entre os que se atopaba Miguel de Unamuno. Un seu tío, Joaquín Gaite, do que fala en El cuarto de atrás, foi fusilado en agosto de 1936 por ter carné do partido socialista.

Cursou bacharelato no Instituto feminino de Salamanca, ambiente que se reflicte na súa primeira novela, Entre visillos. Entre as súas amigas atopábase Sofía Bermejo, que a afeccionou a escribir a diario. Dous futuros membros da Real Academia Española, Rafael Lapesa e Salvador Fernández Ramírez, foron profesores seus.

En 1943 comeza a carreira de Filoloxía Románica na Universidade de Salamanca. No primeiro curso coincide con Ignacio Aldecoa e Agustín García Calvo. Na universidade colaborou na revista Trabajos y días, onde apareceron os seus primeiros poemas, e fixo teatro universitario.

A súa primeira saída ao estranxeiro foi en 1946. Partiu cunha bolsa á Universidade de Coímbra e tamén visitou Porto e Lisboa. Licenciouse en Filoloxía Románica en 1948 e nese mesmo ano gozou dunha bolsa na Universidade de verán de Cannes, onde se familiarizou coa literatura francesa. A viaxe decidiuna ao marchar de Salamanca e á volta abandonou o fogar familiar para ir a Madrid, co obxectivo de traballar e facer a tese. Na capital reencontrouse con Ignacio Aldecoa, quen a puxo en contacto cun grupo de escritores entre os que se atopaban Medardo Frade, Afonso Sastre, Jesús Fernández Santos, Rafael Sánchez Ferlosio e Josefina Aldecoa. Aos poucos os proxectos da tese doutoral fóronse diluíndo e gañou peso a dedicación á literatura. Publicaba contos e artigos en revistas e traballou durante un tempo facendo fichas para un dicionario da Real Academia Española.

En maio de 1949 contraeu o tifo. Estivo corenta días en cama, delirando e a piques de morrer. Desa experiencia naceu El libro de la fiebre, do que, tras o xuízo negativo de Sánchez Ferlosio, non se publicaron máis que uns fragmentos en La hora. No verán dese ano toda a familia trasládase a Madrid e a escritora pasa a traballar, sucesivamente, dando clases nun colexio a nenas de bacharelato e de administrativa no despacho do pai.

En xaneiro de 1950 mocea con Rafael Sánchez Ferlosio, quen lle dedicou o seu primeiro libro, Industrias y andanzas de Alfanhuí. casan en outubro de 1953 e pasan uns meses en Roma, en casa dos avós maternos do escritor, ademais de visitar outras cidades italianas como Nápoles, Florencia e Venecia. Durante esta etapa púxose en contacto coa literatura contemporánea do país; Cesare Pavese, Italo Svevo e Natalia Ginzburg atópanse entre as súas principais influencias.

Na primavera de 1954 obtivo o Premio Café Gijón pola súa novela curta El balneario. En outubro dese ano naceu o seu primeiro fillo, Miguel, que morreu de meninxite en maio do ano seguinte. Tivo outra filla, Marta, nacida en 1956. En 1957 obtivo coa súa novela Entre visillos o Premio Nadal, que fora gañado dous anos antes polo seu marido con El Jarama. O premio facilitou a publicación das súas obras posteriores.

Nos anos seguintes afeccionouse a estudar a historia de España, en especial o século XVIII. Eses estudos levaron a unha biografía sobre un personaxe desa época, Melchor de Macanaz, que acabou aparecendo publicada en 1970, e un segundo traballo, Usos amorosos del siglo XVIII en España, que tamén lle serviu como base para a tese doutoral que presentou en 1972 na Universidade de Madrid, baixo a dirección de Alonso Zamora Vicente.

En 1970 sepárase do seu home. En 1978 mórrenlle os pais e élle concedido o Premio Nacional de Literatura á súa novela El cuarto de atrás. Ademais de publicar novelas, ensaio e teatro, de outubro de 1976 a maio de 1980 exerce todas as semanas a crítica de libros en Diario 16. Tamén realizou traducións de Gustave Flaubert, Charles Perrault, Virginia Woolf, Emily Brontë ou Natalia Ginzburg, ademais de guións de televisión, entre os que destaca a serie sobre Tareixa de Xesús.

En 1979 viaxa por primeira vez a Nova York. Aos Estados Unidos volvería en viaxes sucesivas para dar conferencias e impartir clases. En 1984 falece a súa filla e recibe o Premio Príncipe de Asturias das Letras, compartido co poeta José Ángel Valente.

Falece en Madrid o 23 de xullo de 2000[1]. De xeito póstumo aparece a novela incompleta Los parentescos en 2001 e en 2002 publícase unha selección de anotacións recollidas nos seus cadernos, á que se lle dá o título de Cuadernos de todo.

Martín Gaite e Galicia editar

As relacións de Martín Gaite con Galicia foron intensas. A súa familia materna era galega. A nai nacera en Ourense. O seu avó era catedrático de xeografía na cidade, e a súa avoa era de Allariz. Un tío da nai axudara a fundar o Ateneo de Ourense e dirixira o periódico El Orensano. Pasou boa parte das vacacións de nena nunha casa familiar en Piñor.

A vinculación con Galicia e o seu interese polas cancións populares da terra, serven de escenario a algunha das súas obras como Las ataduras (1959), Retahílas (1974), e El pastel del diablo (1985). Tamén estivo traballando nunha tese doutoral sobre os cancioneros galego-portugueses do século XIII, se ben nunca a chegou a rematar.

Obras editar

Novelas editar

Relato breve editar

  • El balneario, 1954.
  • Las ataduras, 1960.
  • Cuentos completos, 1978.

Contos editar

  • El castillo de las tres murallas, 1981.
  • El pastel del diablo, 1985
  • Caperucita en Manhattan, 1990.

Teatro editar

  • A palo seco, 1957.
  • La hermana pequeña, 1959.

Poesía editar

Ensaio editar

  • El proceso de Macanaz, 1969.
  • Usos amorosos del dieciocho en España, 1972.
  • La búsqueda de interlocutor y otras búsquedas, 1973.
  • El cuento de nunca acabar, 1983.
  • Usos amorosos de la postguerra española, 1987.
  • Desde la ventana, 1987.
  • Agua pasada, 1992.
  • Cuadernos de todo, 2002.

Premios editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Los perfiles gallegos de Carmen Martín Gaite, David González Couso.

Ligazóns externas editar