Carmen Figueira Ares

política galega


María del Carmen Figueira Ares, nada en Isorna (Rianxo) o 3 de xuño de 1964, é unha política galega do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaCarmen Figueira Ares
Biografía
Nacemento3 de xuño de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Isorna, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Membro activo do tecido asociativo da súa parroquia, nas eleccións municipais de 1999 formou parte, como independente, da candidatura do PSdeG-PSOE en Rianxo que encabezaba o alcalde Pedro Piñeiro, a cal revalidou a súa vitoria con maioría absoluta e foi elixida concelleira, asumindo unha delegación especial para a parroquia de Isorna. Nas eleccións municipais de 2003 volveu formar parte da candidatura socialista que volveu revalida-la maioría absoluta e foi reelixida concelleira, asumindo nesta ocasión a área de Servizos Sociais. En xuño de 2004 afiliouse ao PSdeG. Volveu formar parte da candidatura socialista nas eleccións municipais de 2007, revalidando a maioría absoluta e sendo reelixida concelleira, encargándose das áreas de Economía, Facenda, Educación e Cultura.

Ante a retirada do alcalde Pedro Piñeiro de cara ás eleccións municipais de 2011, decidiu postularse, xunto con Carlos Gey Hermo, para encabeza-la candidatura socialista en ditos comicios. Desta forma, ambos concorreron a unhas primarias en xaneiro de 2011 que gañou Gey[1]. En ditas eleccións, os socialistas perderon a alcaldía en favor do BNG pero seguiron formando parte do goberno coaligados con eles. De cara ás eleccións municipais de 2015 Gey decidiu recuperala como número 2 da candidatura, porén, este faleceu repentinamente en febreiro de 2015. Ante esta situación, en marzo dese ano procedeuse á renovación dos órganos de dirección local do partido, postulándose novamente para capitanealo PSdeG en Rianxo e logrando nesta ocasión a vitoria nas primarias ante o xuíz Eloy Rodríguez Frieiro[2].

Desta forma, encabezou a candidatura socialista en maio de 2015. Se ben non conseguiu recupera-la alcaldía, logrou escalar posicións na súa parroquia natal, Isorna, onde dobrou o apoio, e Leiro, conseguindo a vitoria en ambas e amortecendo o forte descenso que viña sufrindo o partido en anteriores convocatorias. Se ben nun principio negociou un pacto de goberno co BNG (6 concelleiros máis 4 socialistas), chegando a apoia-la investidura do nacionalista Adolfo Muíños[3], finalmente rompéronse as negociacións, pasando a goberna-los nacionalistas en minoría[4]. Volveu encabeza-la candidatura socialista nas eleccións municipais de 2019 mantendo socialistas e nacionalistas a súa representación, se ben os primeiros perderon votos, manténdose en cabeza tan só na parroquia de Isorna. Nesta ocasión BNG e PSdeG alcanzaron un goberno de coalición, pasando Figueira a asumi-la primeira tenencia de alcaldía e as áreas de Urbanismo, Desenvolvemento Local, Comercio e Emprego[5].

Dende a asunción do liderado dos socialistas rianxeiros en 2015 formou parte dos Comités Nacional e Provincial coruñés do PSdeG. En marzo de 2022 renovou o liderado orgánico local, así como membro dos devanditos comités tralos Congresos levados a cabo nos anteriores meses. Tras manifesta-lo seu desexo de non volver encabeza-la candidatura socialista nas eleccións municipais de 2023, en outubro de 2022 anunciouse que Óscar Rial Lago sería proposto como novo cabeza de cartel dos socialistas rianxeiros, permanecendo Figueira á fronte do liderado orgánico do partido e das súas responsabilidades no concello ata o remate do mandato[6].


Predecesor:
Adelina Ces Quintáns
  
1ª Tenente de Alcalde de Rianxo
 
2019 - 2023
Sucesor:
Julio Alcalde

Vida persoal editar

Está casada e ten 2 fillos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar