Adolfo Muíños

político galego

Adolfo Francisco Muíños Sánchez,[1] nado en Santiago de Compostela en 1966, é un político galego do BNG.

Infotaula de personaAdolfo Muíños

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Rianxo
2011 – 2023
← Pedro PiñeiroJulián Bustelo Abuín → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Rianxo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Adolfo Muíños na XV Asemblea Nacional do BNG na Coruña no 2016.

Traxectoria editar

Licenciado en Pedagoxía e diplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1995 foi educador do Concello de Santiago e despois director de Actividades de Tempo Libre. É membro activo de diferentes colectivos culturais como a asociación cultural Barbantia e a asociación de música e baile tradicional Vai de Roda de Rianxo, localidade na que se instalou coa súa familia a finais dos anos 90.

Anteriormente militante do PSG-EG, incorporouse nos anos 90 ao BNG, sendo responsable local en Rianxo a partir de 2003. Foi elixido concelleiro na localidade tralas municipais de 2007, como número 2 da candidatura.

Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do BNG e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno co PSdeG-PSOE, o cal encabezaba Carlos Gey Hermo. Nese mandato foi deputado provincial a partir de dende xuño de 2012, trala renuncia dun compañeiro. Nas municipais de 2015 logrou sela forza máis votada, revalidando a alcaldía co apoio do PSdeG na investidura, aínda que finalmente gobernou en minoría tras non chegar a un acordo de goberno cos socialistas. Nas municipais de 2019 foi novamente a forza máis votada e revalidou novamente a alcaldía co apoio do PSdeG-PSOE de Carmen Figueira Ares, co cal nesta ocasión si logrou establecer un pacto de goberno. En novembro de 2022 anunciou que non se presentaría á reelección nas eleccións municipais de 2023, cedéndolle o liderado do BNG a Xusto Xosé Ordóñez[2], abandonando a alcaldía ao final do mandato en xuño de 2023.

Tras deixa-la alcaldía reincorporouse á súa praza de funcionario en Santiago de Compostela. Porén, en novembro de 2023 foi nomeado director de área polo goberno local do BNG desta cidade.[3]

Vida persoal editar

Está casado e ten dous fillos. É irmán de Gonzalo Muíños, dirixente e concelleiro do PSdeG-PSOE en Santiago de Compostela.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar