Carmela García-Moreno

Carmela García-Moreno Teixeira, nada en 1946, é unha política e socióloga española.[1][2]

Infotaula de personaCarmela García-Moreno
Biografía
Nacemento1946 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
España Editar o valor em Wikidata
Deputada de España
10 de novembro de 1982 – 23 de abril de 1986

Circunscrición electoral: Murcia (en) Traducir

Deputada de España
20 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Senadora de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , socióloga Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular
Partido de Acción Democrática
Unión de Centro Democrático
Partido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía, foi membro do Partido Popular, a formación política fundada en 1976 por Pío Cabanillas e José María de Areilza, e que se integrou na Unión de Centro Democrático (UCD).[1] Foi membro do Comité executivo da UCD e resultou elixida deputada no Congreso nas eleccións xerais de 1979 pola circunscrición de Madrid. Durante o goberno de Adolfo Suárez, foi nomeada Directora xeral de Xuventude e de Promoción Sociocultural, con Íñigo Cavero como ministro,[1][3] cargo do que cesou en novembro de 1981 tras abandonar o grupo centrista e pasar ao grupo mixto.[4] Durante o período de crise da UCD entre 1981 e 1982, incorporouse ao Partido de Acción Democrática (PAD) liderado por Francisco Fernández Ordóñez. Cando esta formación política se integrou no Partido Socialista Obrero Español (PSOE), apoiou a integración aínda que remarcou que se consideraba socialdemócrata e non socialista.[3] Renovou escano nas filas do PSOE nas eleccións xerais de 1982 pola circunscrición de Murcia,[2] e na seguinte lexislatura foi elixida senadora.[5] Foi vicedecana do Colexio Nacional de Doutores e Licenciados en Ciencias Políticas e Socioloxía.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Entrevista a Carmela García-Moreno". Diario ABC: 146. 20 de abril de 1980. Consultado o 19 de agosto de 1981. 
  2. 2,0 2,1 Congreso dos Deputados (ed.). "Ficha de García-Moreno Teixeira, Carmela". Consultado o 19 de agosto de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Carmela García Moreno, la que fue promesa femenina del centro". El País. 29 de xaneiro de 1983. Consultado o 19 de agosto de 2013. 
  4. "Cese de Carmela García-Moreno". El País. 17 de novembro de 1981. Consultado o 19 de agosto de 2013. 
  5. Senado de España (ed.). "Ficha de la Senadora García-Moreno Teixeira, Carmela". Consultado o 19 de agosto de 2013. 
  6. Biblioteca Nacional de España, ed. (13 de xuño de 2013). "Mesas redondas sobre La Transición en tinta china" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xullo de 2014. Consultado o 19 de agosto de 2013.