Pío Cabanillas Gallas

Pío Cabanillas Gallas, nado o 13 de novembro de 1923 en Pontevedra e finado o 10 de outubro de 1991 en Madrid, foi un político galego.

Pío Cabanillas Gallas
Datos persoais
Nacemento13 de novembro de 1923
 Galicia Pontevedra
Falecemento10 de outubro de 1991
 España Madrid
OrganizaciónPartido Liberal
Unión de Centro Democrático
Centro Democrático e Social
Partido Popular
FillosPío Cabanillas Alonso
Alma máterUniversidade de Granada e Universidade Central
ProfesiónNotario, rexistrador da propiedade e letrado do Estado
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Manuel Cabanillas Pérez (fillo de José Cabanillas Rodríguez e Peregrina Pérez) e Laura Gallas Novas, estudou Dereito na Universidade de Granada. Doutor en Dereito (con premio extraordinario), notario, rexistrador da propiedade e letrado do Estado.[1]

Nomeado procurador en Cortes en 1961 foi secretario no Ministerio de Información e Turismo con Manuel Fraga. Nomeado Ministro de Información e Turismo con Carlos Arias Navarro (1974) tentou ampliar a liberdade de prensa polo que foi destituído do seu posto por Francisco Franco.

Foi un dos impulsores do Partido Liberal. Xunto a José Antonio Segurado foi un dos homes fortes da UCD en Galicia, grazas ó apoio de Euloxio Gómez Franqueira. Foi deputado no Congreso dos Deputados desde 1977 ata 1989 (desde 1987 co CDS), Ministro de Cultura e Benestar (1977-1979), Ministro adxunto ó Presidente (1980-1981), Ministro da Presidencia (1981) e Ministro de Xustiza (1981-1982). En 1989 entrou no Partido Popular e foi deputado no Parlamento Europeo (1989-1991).

Estivo embarcado no DC-8 que sufriu o accidente da Lavacolla en 1978.

O seu fillo, Pío Cabanillas Alonso, foi Ministro Voceiro do Goberno (2000-2002) durante parte do mandato de José María Aznar.


Predecesor:
Fernando de Liñán y Zofío
 Ministro de Información e Turismo de España 
1974 (xaneiro a outubro)
Sucesor:
León Herrera Esteban
Predecesor:
Novo cargo
 Ministro de Cultura e Benestar de España 
1977 - 1979
Sucesor:
Manuel Clavero Arévalo
Predecesor:
Novo cargo
 Ministro sen carteira de España:
Ministro Adxunto ao Presidente
 
1980 - 1981
Sucesor:
Cargo suprimido
Predecesor:
Rafael Arias-Salgado Montalvo
 Ministro da Presidencia de España 
1981
Sucesor:
Matías Rodríguez Inciarte
Predecesor:
Francisco Fernández Ordóñez
 Ministro de Xustiza de España 
1981 - 1982
Sucesor:
Fernando Ledesma Bartret

Notas editar

  1. "Cabanillas Gallas, Pío - Fundación Transición Española" (PDF). www.transicion.org (en castelán). Consultado o 11-2-2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar