Carlos Portela

guionista de banda deseñada e series de televisión galego

Carlos Portela Orjales, nado en Vigo en 1967[1][2] é un guionista de banda deseñada e series de televisión galego, tamén é produtor de televisión e subdirector do festival Viñetas desde O Atlántico.

Infotaula de personaCarlos Portela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , guionista , guionista de cómics Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1383742 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Carlos Portela iniciouse no mundo dos fanzines, autoeditándose Interlínea (1984) e colaborando con Coiote e Frente Comixario, amais do programa de radio Arte Alfa na emisora Radio ECCA en Vigo. Como profesional, escribiu as series Forest Hill (1988) e Guinsy (1988) con debuxos de Norberto Fernández e Víctor Rivas, respectivamente, para o xornal Atlántico Diario; tamén Canciones de amor con Santiago Sequeiros para Totem, el Comix en 1988.[3]

En 1994 comezou a traballar como guionista para Xabarín Club presentando ademais o Consultorio do Dr TNT, que o popularizou na pequena pantalla. Ao tempo, publicou para Camaleón Ediciones as series Impresiones de la Isla (1993), debuxada por Fernando Iglesias e Kami Seeds (1995), debuxada por Fernando Iglesias e Víctor Rivas. Novamente xunto a Fernando Iglesias realizou entre 1995 e 2000 a serie El Laberinto de Piedra para a revista Compostelán. En 1998 encargouse dos guións do relanzamento da serie Gorka debuxada por Sergi San Julián e unha vez máis por Fernando Iglesias.

Nos primeiros anos do século XXI, centrouse na escritura de series de televisión, como Rías Baixas (2000), Entre bateas (2002) ou Maridos e mulleres (2006-2008), pero sen deixar de lado a banda deseñada, realizando con Das Pastoras a serie fantástica Les Heresiarcas (2002) para Les Humanoides Associés. Tanteou ademais o mundo do cinema, escribindo os guións d' O ano da carracha (2004) e Hotel Tívoli (2005).

En 2005 comeza a colaborar con Purita Campos no relanzamento de Esther, que se converteu nun éxito de vendas. Colabora tamén con Sergi San Julian na novela gráfica A conta atrás (2008), onde narra cara a atrás no tempo a catástrofe do Prestige e da que se publicou até agora só o primeiro de dous volumes. Segue escribindo novas series televisivas: Padre Casares, da que tamén é produtor; Gondar (2009), e Matalobos (2009).

Na actualidade traballa para a produtora Mandarina desenvolvendo unha serie de piratas que protagoniza Pilar Rubio.

Obra editar

Audiovisual
Historietística

Galardóns e nomeamentos editar

Premios Mestre Mateo editar

Ano Categoría Filme Resultado
2008 Mellor guión Padre Casares Nomeado
2010 Mellor guión Padre Casares Nomeado
Mellor guión Matalobos Nomeado

Notas editar

  1. «La última vez que hice recuento tenía 16.000 cómics», entrevista de B. R. Sotelino en La Voz de Galicia, 22 de xuño de 2008.
  2. "Portela, Carlos (1967-)". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2022. 
  3. Cuadrado (2000), p. 22.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar