Carlos Núñez Rodríguez

publicista, deseñador e escritor galego

Carlos Núñez Rodríguez, nado en Ourense o 2 de agosto de 1941, é un publicista, deseñador e escritor galego.

Infotaula de personaCarlos Núñez Rodríguez
Biografía
Nacemento2 de agosto de 1941 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpublicista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosCarlos Núñez Editar o valor em Wikidata
PaiAlbino Núñez Domínguez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo do mestre Albino Núñez Domínguez. Militante do Partido Comunista de España, pertenceu ao seu comité central na clandestinidade, e logo da constitución do Partido Comunista de Galicia en 1968, tamén pertenceu ao seu comité central ata a súa legalización. Foi detido en varias ocasións, en tres delas pasou polo Tribunal de Orde Pública, e estivo un ano preso en Palencia, noutra ocasión catro meses en prisión e na última un mes. En 1972 o partido trasladouno a Italia e despois estivo en París. Coa legalización do PCE retornou a Vigo. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura do PCG á alcaldía de Vigo,[1] que obtivo tres concelleiros. Volveu ser elixido concelleiro, agora en solitario nas eleccións municipais de 1983. Membro do Instituto de Estudios Vigueses, Fundación Gutenberg Mainz (Alemaña) e da Asociation Paleographique International (París). Formou parte de varios xurados de artes plásticas e visuais.

Obras editar

  • Vigo a través da Historia (1996)
  • Entra hoy en el Vigo de ayer (s. XVIII) (1998)
  • Un día dentro de las murallas de Pontevedra (s. XVIII) (1999)
  • Ó pé da Letra: A istoria da tipografía galega (2000)
  • Entra hoy en el Ourense de ayer (s. XVIII) (2000)
  • El Mundo del Área Metropolitana de Vigo (2000)
  • Alfabetos Gallaecia Castelo e Gótica galega (2001)
  • Diccionario Histórico de la Escritura y de las Artes e Industrias Gráficas (2015)
  • Vigo metropolitano na Galicia céltica (2017)

Vida persoal editar

Casou con María Jesús Muñoz, é pai de Carlos Núñez Muñoz.

Notas editar

  1. "Carlos Núñez, del P.C.G. a la alcaldía", El Pueblo Gallego, 11-2-1979, p. 10.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar