Captain Beefheart

Don Van Vliet, nado como Don Glen Vliet[1] o 15 de xaneiro de 1941 e fnado o 17 de decembro de 2010, foi un cantante, compositor, multiinstrumentista e artista visual estadounidense coñecido polo seu nome artístico Captain Beefheart. Dirixíu un grupo chamado The Magic Band formado por músicos que se rotaban, co cal gravou 13 álbums de estudio entre 1964 e 1982. A súa música mesturaba elementos de blues, free jazz, rock e música de vangarda con ritmos indiosincráticos, xogos de palabras absurdos, e o seu amplo rango vocal.[2] Coñecido pola súa enigmática personalidade, Beefheart construía frecuentemente mitos sobre a súa vida e era coñecdo por exercer un control case ditatorial sobre os seus músicos de apoio.[3] Aínda que conseguiu un pequeno éxito comercial,[4] foi un artista de culto e unha influencia "altamente significativa" e "incalculable" para moitos artistas do new wave, punk e rock experimental.[2][5]

Infotaula de personaCaptain Beefheart

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Don Van Vliet Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Don Glen Vliet Editar o valor em Wikidata
15 de xaneiro de 1941 Editar o valor em Wikidata
Glendale, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte17 de decembro de 2010 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Arcata, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Esclerose múltiple Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónAntelope Valley High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo California Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante , produtor de cinema , compositor de cancións , guitarrista , ecoloxista , músico , saxofonista , escultor , pintor , poeta , compositor , artista visual Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1964 Editar o valor em Wikidata - 2010 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoArt rock, Rock experimental, rock progresivo, Rock psicodélico, Blues rock, Free jazz, Protopunk, Outsider music (pt) Traducir, spoken word e Rock alternativo Editar o valor em Wikidata
MovementoExpresionismo abstracto Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioCaptain Beefheart Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoClarinete baixo (pt) Traducir, Saxofón, Harmónica, voz, Clarinete, óboe, Trompa, shehnai (pt) Traducir, Frauta doce, Frauta, Piccolo e piano Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoA&M Records Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJan Jenkins

Páxina webbeefheart.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1182889 Spotify: 2ebK4ueGwhVaXUm060m1BS Last fm: +noredirect/Captain+Beefheart Musicbrainz: a1594afa-2f6b-4596-a156-a35853dca691 Songkick: 174703 Discogs: 119009 Allmusic: mn0000988638 WikiTree: Vliet-135 Find a Grave: 63024331 Deezer: 87384 Editar o valor em Wikidata

Un prodixio artístico na súa infancia,[6] Van Vliet desenvolveu un gusto musical ecléctico musical durante a súa adolescencia en Lancaster, California, e formou unha amizade "mutuamente útil pero volátil" co músico Frank Zappa, co cal competía e colaboraba esporadicamente.[7] Comezou a actuar coa súa personaxe de Captain Beefheart en 1964 e uniuse á formación orixinal de The Magic Band, creada por Alexis Snouffer, ese mesmo ano. O grupo publicou o seu álbum de estrea, Safe as Milk, en 1967 a través de Buddah Records. Tras ter sido expulsado de dous selos o grupo fichou pola discográfica de Zappa Straight Records, onde editou Trout Mask Replica en 1969; o álbum sería posto no número 58 da lista da Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos, elaborada en 2003. En 1974, frustrado pola falta de éxito comercial, comezou a utilizar un son rock máis convencional, pero os seus seguintes álbums foron criticados; este movemento, xunto cunha xira europea non paga e anos de soportar un comportamento abusivo por parte de Beefheart, fixo que todas os membros da banda marchasen.

Beefheart finalmente formou unha nova Magic Band cun grupo de músicos novos e recuperou a aprobación da crítica cos seus tres derradeiros álbums: Shiny Beast (1978), Doc at the Radar Station (1980) e Ice Cream for Crow (1982). Van Vliet realizou moi poucas aparicións en público tras retirarse da música en 1982. Iniciou unha carreira nas artes, un interese que se orixinara durante a súa talentosa infancia coa escultura, e que lle resultou máis estable economicamente. As súas pinturas e debuxos expresionistas teñen prezos elevados e expuxéronse en galería e museos de todo o mundo.[8][9] Van Vliet morreu en 2010 despois de padecer esclerose múltiple durante moitos anos.[10]

Notas editar

  1. "1941 Birth certificate – Captain Beefheart Radar Station". www.beefheart.com. Consultado o 2020-09-14. 
  2. 2,0 2,1 "Captain Beefheart | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-09-14. 
  3. Barnes, Mike; Paytress, Mark; White III, Jack (marzo de 2011). "The Black Rider". Mojo. Vol. 208. Londres: Bauermedia. pp. 65-73.
  4. Harris, John (2006-08-04). "Mission: unlistenable". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2020-09-14. 
  5. "Captain Beefheart | Biography, Albums, & Facts". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2020-09-14. 
  6. "Captain Beefheart | Rolling Stone". web.archive.org. 2017-10-26. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2017. Consultado o 2020-09-14. 
  7. Staff, MTV News. "Captain Beefheart: The Man Who Reconstructed Rock & Roll". MTV News (en inglés). Consultado o 2020-09-14. 
  8. Anthony Haden-Guest (28 de xullo de 2007). "Don Van Vliet: Boom times, bad times". Financial Times.
  9. "The Captain Beefheart Radar Station - Crossover of a Different Colour". web.archive.org. 2009-10-01. Archived from the original on 01 de outubro de 2009. Consultado o 2020-09-14. 
  10. Johnston, Maura; Johnston, Maura (2010-12-17). "Remembering Experimental Rocker Captain Beefheart". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-09-14.