Campo, Covelo

parroquia civil do concello de Covelo

Santa María de Campo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 116 habitantes (69 mulleres e 47 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 147 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 83 habitantes, sendo 35 homes e 48 mulleres.

Campo
Igrexa de Campo
ConcelloCovelo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°11′48″N 8°23′13″O / 42.19664567, -8.38698511Coordenadas: 42°11′48″N 8°23′13″O / 42.19664567, -8.38698511
Poboación83 hab. (2014)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

Información editar

O río Tea transcorre pola parroquia e esta dispón dunha gran tradición gandeira. Campo está situada na aba sur da Serra do Suído e posúe un monte cinexético. Nos puntos con cotas máis baixas áchanse bosque frondosos autóctonos.[2]

Patrimonio editar

Conta cun foxo de lobo que presenta a particularidade de contar con dous funís de entrada, o que a tradición oral interpreta como as entradas correspondentes a cadansúa parroquia. Consta dun cercado de pedra que se vai pechando en forma de funil para rematar no propio foxo. Ten unha profundidade de dous metros e acubilla no seu interior un chouso para durmiren os pastores. Foi obxecto dunha restauración en 2013.[3]

Lugares e parroquias editar

Lugares de Campo editar

Lugares da parroquia de Campo no concello de Covelo (Pontevedra)

Barcia | A Bouciña | Bustelo | Cascardoso | A Costa | A Ladeira | O Loureiro | O Outeiro | San Pedro

Parroquias de Covelo editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Covelo

Barcia de Mera (San Martiño) | Campo (Santa María) | Casteláns (Santo Estevo) | Covelo (Santa Mariña) | Fofe (San Miguel) | Godóns (Santa María) | A Graña (San Bernabeu) | A Lamosa (San Bartolomeu) | Maceira (San Salvador) | Paraños (Santa María) | O Piñeiro (San Xoán) | Prado (San Salvador) | Prado de Canda (Santiago) | Santiago de Covelo (Santiago)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar