Comarca da Paradanta

comarca da provincia de Pontevedra

A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.[1]

Comarca da Paradanta
ProvinciaProvincia de Pontevedra
Área339,85 km²
Poboación12.060 hab. (2020)
Densidade35,49 hab./km²
ConcellosArbo, A Cañiza, Covelo e Crecente

Demografía editar

Concello nº de
parroquias
Extensión[2]
( km² )
Poboación[3]

(2020)

Densidade
Arbo 6 42,66 2.599 60,38
A Cañiza 9 105,04 5.115 48,76
Covelo 14 154,63 2.900 19,00
Crecente 11 57,46 1.994 34,70
Total 39 359,79 12.608 35,04
  • Idade media (2020): 54,37 anos[1]
  • Poboación estranxeira (2020): 327 habitantes[1]
Padrón municipal 2020 12.060 habitantes[1]
Menores de 15 anos 1.069 (8,86 %)
Entre 16 e 64 anos 6.769 (56,13 %)
Maiores de 65 anos 4.222 (35,01 %)

Política e goberno editar

 
Partidos na alcaldía dos concellos da Comarca da Paradanta tras as eleccións municipais do ano 2015.      PPdeG

Tras as eleccións municipais do ano 2019, o PP gobernou os concellos de Arbo[4], Covelo[5] e Crecente[6], mentres que o PSdeG-PSOE o da Cañiza[7].


Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-21. 
  2. "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-21. 
  3. "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-21. 
  4. "Arbo". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-21. 
  5. "Covelo". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-21. 
  6. "Crecente". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-21. 
  7. "Cañiza, A". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-21. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.