Rafael López Ventín

futbolista español
(Redirección desde «Cabezo I»)

Rafael López Ventín nado en Cesantes (Redondela) o 22 de abril de 1905, foi un futbolista galego máis coñecido como Cabezo I. Xogaba na demarcación de defensa. Foi irmán do tamén futbolista Honorato López Ventín.

Infotaula de personaRafael López Ventín
Biografía
Nacemento22 de abril de 1905 Editar o valor em Wikidata (119 anos)
Cesantes, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Atlético de Madrid
- Real Club Celta de Vigo Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsHonorato López Ventín Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Chegou ao Celta de Vigo procedente do Eiriña CF no ano 1925, proclamándose Campión galego no primeiro ano. Tamén participou no Campionato de España pero tras eliminar ao Cultural Leonesa, Sporting de Xixón e Real Sociedad perdeu en semifinais ante o Atlético de Madrid. O encontro disputouse o 9 de maio de 1926 no campo neutral de San Mamés, ao rematar o tempo regulamentario chegouse cun empate a 2-2 pero na prorroga o porteiro céltico Lilo tivo que retirarse lesionado e o seu posto tivo que ocupalo o propio Cabezo, aos catro minutos recibiu o tanto da derrota.

Na tempada 1930/31 ficha polo Atlético de Madrid pero non tivo sorte cas lesións, polas que so puido xogar cinco encontros en Liga e dous en Copa. Ao finalizar a tempada regresa a Vigo para xogar no Celta ata 1936. No seu último ano no Celta conseguiría o ascenso a Primeira División.

Despois da Guerra Civil Española aínda xogaría no CD Redondela, con máis de corenta anos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Marcos L. Bacariza (1 de setembro de 2009). "Cabezo I". Yo jugué en el Celta (en castelán).