Acordo Centroeuropeo de Libre Comercio

(Redirección desde «CEFTA»)

O Acordo Centroeuropeo de Libre Comercio (Central European Free Trade Agreement ou CEFTA, polas súas siglas en inglés) é un acordo comercial internacional entre países maioritariamente localizados no Sueste de Europa. Fundado por representantes de Polonia, Hungría e Checoslovaquia, o CEFTA ampliouse a Albania, Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Croacia, Moldavia, Montenegro, Macedonia do Norte, Romanía, Serbia, Eslovenia e a MINUK (en representación de Kosovo, de acordo coa UNSCR 1244).

Modelo:Xeografía políticaAcordo Centroeuropeo de Libre Comercio

Localización
Creación21 de decembro de 1992 Editar o valor em Wikidata

Páxina webcefta.int Editar o valor em Wikidata

Historia editar

 
Historia dos membros do CEFTA dende 1992 a 2013. Todos os membros orixinais do pacto comercial convertéronse en membros da Unión europea (EU), polo que países do sueste de Europa, como Albania, Bosnia e Herzegovina, a MINUK (en representación de Kosovo), Montenegro e Serbia, entraron a formar parte e a dirixir o CEFTA.[a]
     Estados membros do CEFTA      Estados membros da UE

Acordo orixinal editar

O acordo orixinal do CEFTA foi asinado, o 21 de decembro de 1992 en Cracovia (Polonia), polos países do Grupo Visegrád; é dicir, Polonia, Hungría, Chequia e Eslovaquia (naquela altura ambas parte de Checoslovaquia) e entrou en vigor en xullo de 1994.

A través do CEFTA, os países participantes agardaban mobilizar esforzos para pasar a formar parte das institucións da Europa Occidental e unirse así aos sistemas políticos, económicos, de seguranza e legais europeos; consolidando desta forma a democracia e a economía de libre mercado.

O acordo foi emendado polos acordos asinados o 11 de setembro de 1995 en Brno, República Checa e o 4 de xullo de 2003 en Bled, Eslovenia.

Eslovenia entrou a formar parte do CEFTA en 1996, Romanía en 1997, Bulgaria en 1999, Croacia en 2003 e Macedonia en 2006.

Acordo de 2006 editar

Todo os participantes do acordo orixinal forman agora parte da UE, polo que abandonaron o CEFTA. Aínda así decidiuse estender o CEFTA para cubrir ao resto dos países balcánicos, que xa completaran unha serie de acordos bilaterais de libre comercio encadrados no Pacto de Estabilidade para o Sueste de Europa. O 6 de abril de 2006, no Cume de Primeiros Ministros do Sueste de Europa en Bucarest, realizouse unha declaración conxunta de expansión do CEFTA a Albania, Bosnia e Hercegovina, Moldova, Serbia, Montenegro e a MINUK (en representación de Kosovo).[1] Tamén se discutiu a adhesión de Ucraína.[2] O acordo ampliado foi rubricado o 9 de novembro de 2006 en Bruxelas e asinado o 19 de decembro de 2006 no Cume de Primeiros Ministros do Sueste de Europa en Bucarest.[3] O acordo entrou en vigor o 26 de xullo de 2007 para Albania, Kosovo, Moldova, Montenegro e Macedonia; o 22 de agosto para Croacia; o 24 de outubro para Serbia; e o 22 de novembro de 2007 para Bosnia e Hercegovina. O obxectivo do acordo era establecer unha zona de libre comercio na rexión antes do 31 de decembro de 2010.

Despois da declaración de independencia de Kosovo, o 17 de febreiro de 2008, a MINUK continuou a representar a Kosovo en todas as reunións do CEFTA. A finais de 2008 Kosovo mudou os seus selos de aduanas substituíndo os da MINUK polos de Kosovo. Isto tivo como resultado un bloqueo comercial por parte de Serbia e Bosnia que non recoñecen a República de Kosovo.[4] O goberno de Pristina respondeu impondo o seu propio bloqueo ás importacións dende Serbia. A medida foi seguida de enfrontamentos nos postos fronteirizos en xullo de 2011.[5]

Relacións coa Unión europea editar

Todos os anteriores países participantes asinaran con anterioridade acordos de asociación coa UE, polo que o CEFTA funciona de feito como unha preparación para para chegar a ser membro de pleno dereito da Unión Europea.[Cómpre referencia] Polonia, a República Checa, Hungría, Eslovaquia e Eslovenia uníronse á UE o 1 de maio de 2004, con Bulgaria e Romanía uníndose a continuación o 1 de xaneiro de 2007. Croacia uniuse o 1 de xullo de 2013.

Montenegro, Serbia, Albania e Macedonia do Norte levan en conversas para unha posíbel adhesión á UE dende 2012, 2014 e 2020.

Por recomendación do UE, os futuros membros prepáranse para a adhesión á UE establecendo áreas de libre comercio[Cómpre referencia]. Unha considerable proporción do comercio estranxeiro do CEFTA é con países da UE[Cómpre referencia].

Membros editar

A 1 de xullo de 2013, os participantes do CEFTA son: Albania, Bosnia e Hercegovina, Moldavia, Montenegro, Macedonia do Norte, Serbia e a MINUK (en representación de Kosovo).

Os membros anteriores eran Bulgaria, Croacia, República Checa, Hungría, Polonia, Romanía, Eslovaquia e Eslovenia pero abandonaron a súa pertenza ao CEFTA cando pasaron a ser estados membros da Unión europea (UE).

Participantes do acordo Entrada    Saída   
  Polonia 1992 2004
  Hungría
  República Checa[b]
  Eslovaquia[c]
  Eslovenia 1996
  Romanía 1997 2007
  Bulgaria 1999
  Croacia 2003 2013
  Macedonia do Norte[d] 2006
  Albania 2007
  Bosnia e Hercegovina
  Moldavia
  Montenegro
  Serbia
  MINUK (en representación de Kosovo)

Criterios de afiliación editar

Criterios anteriores da Declaración de Poznań:

Criterios actuais dende a reunión de Zagreb en 2005:

  • Membro da Organización Mundial do Comercio ou compromiso de respectar todas as súas normas.
  • Calquera acordo de asociación coa Unión Europea.
  • Tratados de libre comercio cos actuais estados membro do CEFTA.

Membros actuais editar

Participantes do acordo Adhesión Poboación
Área (km²)
Capital PIB per capita (PPP)
  Albania 1 de xaneiro de 2007 70062862427000000002.862.427 700428748000000000028.748 Tirana 40 151 13,991
  Bosnia e Hercegovina 70063502550000000003.502.550 700451209000000000051.209 Sarajevo 51 996 15,935
  Moldavia 70063547539000000003.547.539 700433843000000000033.843 Chişinău 35 906 13,879
  Montenegro 7005622182000000000622.182 700414026000000000014.026 Podgorica 12 608 20,084
  Macedonia do Norte 1 de xaneiro de 2006 70062077132000000002.077.132 700425713000000000025.713 Skopje 34 694 16,486
  Serbia 1 de xaneiro de 2007 70066963764000000006.963.764 700477474000000000077.474 Belgrado 141 927 20,544
  MINUK (en representación de Kosovo) 70061795666000000001.795.666 700410908000000000010.908 Pristina 23 524 13,017


Notas editar

  1. Kosovo é motivo dunha disputa territorial entre a República de Kosovo e a República de Serbia. A República de Kosovo declarou unilateralmente a independencia o 17 de febreiro de 2008. Serbia mantén que é parte do seu territorio soberano. Os dous gobernos comezaron a normalizar relacións en 2013, como parte do Tratado de Bruxelas. Kosovo é recoñecido como un estado independente por 97 dos 193 estados membros das Nacións Unidas. En total, 112 estados membros da ONU recoñeceron a Kosovo nalgún momento, dos que 15 retiraron o recoñecemento máis tarde.
  2. Ata o 1 de xaneiro de 1993 parte de Checoslovaquia.
  3. Ata o 1 de xaneiro de 1993 parte de Checoslovaquia.
  4. Ata 2019 chamada República de Macedonia.
Referencias
  1. "Kosovo to begin CEFTA negotiations". ECIKS (en inglés). 29 de xuño de 2006. Consultado o 20 de xaneiro de 2022. 
  2. "Ukraine, Croatia broaden ties" (en inglés). UNIAN. 6 de xullo de 2006. Consultado o 20 de xaneiro de 2022. 
  3. "Central European Free Trade Agreement (CEFTA) initialled" (PDF). EU in Kosovo (en inglés). 10 de novembro de 2006. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de febreiro de 2008. Consultado o 20 de xaneiro de 2022. 
  4. "Kosovo in CEFTA: in or Out?" (PDF). GAP Institute (en inglés). 29 de marzo de 2011. Consultado o 20 de xaneiro de 2022. 
  5. "Kosovo Serbs block disputed border crossings". The Australian (en inglés). 16 de setembro de 2011. Consultado o 20 de xaneiro de 2022. 
  6. Data for 2015. International Monetary Fund, World Economic Outlook Database

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar