Cándido María Trigueros

escritor español

Cándido Melchor María Trigueros Díaz de Lara y Luján, nado en Orgaz, Toledo, o 4 de setembro de 1736, e finado en Madrid o 20 de maio de 1798, foi un escritor, hebraísta, tradutor e dramaturgo ilustrado español.

Infotaula de personaCándido María Trigueros
Biografía
Nacemento(es) Cándido Melchor María Trigueros Díaz de Lara y Luján Editar o valor em Wikidata
4 de setembro de 1736 Editar o valor em Wikidata
Orgaz, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte20 de maio de 1798 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Os seus avós paternos procedían de Burguillos, na provincia de Toledo. Cándido foi fillo dun contador do Palacio Real, Melchor Trigueros Díaz de Lara e da súa primeira muller, Teresa Sánchez, ámbolos dous naturais de Toledo; tivo dous irmáns máis vellos, Miguel Antonio e Manuela Teresa. A súa familia trasladouse cando o pai obtivo o cargo de contador dende Orgaz a Madrid en 1739. Unhas febres contraídas na súa nenez que se volveron crónicas deparáronlle durante toda a súa vida subsecuente unha saúde fráxil.

Obtivo a protección do seu tío paterno Juan Trigueros Díaz de Lara, oficial maior da Secretaría de Graza e Xustiza, secretario do Rei e cabaleiro da Orde de Carlos III, ó que a súa tradución da traxedia Británico de Jean Racine en 1752 deparara a honra de ser nomeado membro supernumerario da Real Academia Española. Ós quince anos, en 1751, comezou a estudar filosofía no madrileño colexio de dominicos de Santo Tomás; por entón Pedro Rodríguez Campomanes encomiou os seus versos latinos e Trigueros decidiu inclinarse ó cultivo da poesía en lingua romance; os seus primeiros versos son traducións das Odas de Horacio e da Eneida de Virxilio. Tamén traducirá do grego as fábulas de Conón (1768). Por entón asiste ó faladoiro neoclásico de Agustín de Montiano y Luyando, cuxo falecemento chorará nun idilio cuxa publicación impediu o seu inimigo Campomanes.[1] Ós dezaseis anos deixa os seus estudos de filosofía para acompañar ó recentemente nomeado bispo de Córdoba Francisco de Solís Folch de Cardona á súa diocese. Alí retoma os seus estudos de Filosofía no Seminario San Pelagio e empeza os de Teoloxía. A súa estancia cordobesa foi curta, pois en 1755 o até entón bispo Solís foi nomeado arcebispo de Sevilla, con residencia na propia capital hispalense, polo que de novo trasladouse seguindo ó prelado. En 1756, ordénase de subdiácono en Sevilla, e obtén un beneficio eclesiástico en Carmona (1757) e outro en Pilas (1769), ó que renunciou por mor da súa crebada saúde.

Notas editar

  1. Francisco Aguilar Piñal, “El idilio de Trigueros a la muerte de Montiano”, en Castilla, 22 (1997), pp. 7-19.