Horacio

poeta lírico e satírico en lingua latina


Horacio (Quintus Horatius Flaccus en latín) naceu en Venosa o 8 de decembro do 65 a. C. e morreu en Tívoli o 27 de novembro do 8 a. C. Cóntase entre os máis ilustres poetas de todos os tempos. A súa obra ten un dobre nivel de escritura, obxecto de malentendidos e de contrasentidos fáciles, como o testemuña por exemplo a famosa divisa carpe diem, ou a non menos célebre fórmula aurea mediocritas, tiradas respectivamente das Odas, I, 11 e II, 10.

Infotaula de personaHoracio

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Q. Horatius Flaccus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de decembro de 65 a. C. Editar o valor em Wikidata
Venosa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte27 de novembro de 8 a. C. Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaRoma Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , escritor , filósofo Editar o valor em Wikidata
Período de tempoRepública Romana serodia Editar o valor em Wikidata
ProfesoresCratipo de Pérgamo (pt) Traducir e Aristo de Ascalão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Paisvalor descoñecido Editar o valor em Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
43 a. C.proscrición Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 32115 Bitraga: 2476 Musicbrainz: af616f1f-6242-4802-a1bf-8d3f0647083c Discogs: 4499695 IMSLP: Category:Horace Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en Venosa no 65 a. C., nos confíns entre a Apulia e a Lucania, fillo dun liberto que se trasladou a Roma para traballar como exactor nas poxas públicas, tarefa pouco estimada mais rendíbel. O poeta era por tanto de humilde orixe, mais gozaba de boa posición económica.

Seguiu cursos regulares de estudos en Roma e despois en Atenas, onde estudaría filosofía. Cando estalou a guerra civil Horacio enrolouse no exército de Bruto, combatendo como tribuno militar na batalla de Filipos (42 a. C.).

No 41 a. C. volveu a Italia grazas a unha amnistía e, coñecida a noticia da confiscación dos bens paternos, gañou o sustento como secretario dun cuestor. En 38 a. C. foi presentado a Mecenas por Virxilio e Varo. Nove meses despois Mecenas admitiuno no seu círculo. Daquela Horacio dedicouse enteiramente á literatura. Nin casou nin tivo fillos.

Mecenas dooulle unha vila en Sabinia, que foi moi pracenteira para o poeta, que non gustaba da vida cidadá. Coa súa poesía fixo intensa propaganda a favor do Emperador Augusto. Temos un exemplo claro nas Odas e no Carmen saeculare.

Faleceu en novembro do 8 a. C.; foi sepultado no outeiro do Esquilino, ó pé do seu amigo Mecenas, morto tan só dous meses antes.

Obras editar

  • Sátiras (Saturae ou Sermóns, como as definira o autor), en dous libros que comprenden 18 sátiras, escritas entre o ano 41 a. C. e o 30 a. C.: o I libro (10 sátiras) foi dedicado a Mecenas e publicado entre o 35 a. C. e o 33 a. C., mentres o II libro (8 sátiras) foi publicado no 30 a. C. xunto cos Épodos.
  • Épodos (Epodon libri), 17 composicións, publicadas no 30 a. C.
  • Odas (Carmina), en tres libros con 88 composicións, publicadas no 23 a. C. Un cuarto libro con outras 15 composicións publicouse en torno ao 13 a. C.
  • Carmen saeculare ou "Canto das Idades", do 17 a.C., escrito por encargo de Augusto e destinado á cerimonia de clausura dos ludi saeculares.
  • Epístolas (Epistulae), en dous libros. O I libro comprende 20 cartas compostas a partir do 23 e publicadas no 20 a. C., con dedicación a Mecenas, mentres o II libro, con tres cartas, escrito entre 19 e 13 a. C., comprende a Epístola aos Pisóns, o Ars Poetica (Arte Poética) en 476 hexámetros, que foi elevada a canon polas súas composicións poéticas en épocas posteriores.