Brutus (grupo musical belga)

Brutus é unha banda de post-hardcore belga do Brabante Flamengo. O grupo fundouse no ano 2013 e está formado por Stefanie Mannaerts (batería e voz), Peter Mulders (baixo) e Stijn Vanhoegaerden (guitarra).

Brutus
OrixeLeuven, Bélxica Bélxica
Período2013 - presente
Xénero(s)post-hardcore, math rock, post-rock, post-metal, shoegaze
Selo(s) discográfico(s)Hassle Records, Sargent House
MembrosStefanie Mannaerts
Peter Mulders
Stijn Vanhoegaerden
Na rede
wearebrutus.be
Facebook: wearebrutus Twitter: wearebrutus Instagram: wearebrutus Tumblr: wearebrutusband Youtube: UCnnkYObW-_QTobV8OKXn77A Bandcamp: wearebrutus Spotify: 7m63GptZSke3jGqCxR4rom Musicbrainz: 90b8f9f7-dfda-409c-a9dc-391bd0de6d8a Songkick: 285653 Discogs: 4222279 Allmusic: mn0003590865 Deezer: 7521108 Editar o valor em Wikidata

Os seus membros coñecíanse de tocar noutras bandas. Stefanie e Peter tocaban en Refused Party Program, unha banda tributo a Refused, mentres que Stijn e Stefanie estaban na banda Starfucker.[1]

En 2014 e 2015, Brutus tocou en varios festivais, como o Pukkelpop, o Rock Herk e o Dour Festival. En 2016 a banda viaxou a Vancouver para gravar o seu álbum de estrea coa axuda de Jesse Gander. Burst foi editado por Hassle Records (Europa) e Sargent House (no resto do mundo). O seu segundo álbum, Nest, apareceu no ano 2019.[2] O 20 de outubro de 2020 Brutus lanzou o álbum ao vivo Live in Ghent,[3] gravado o 29 de maio de 2019.

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Burst 2017 Hassle Records
Nest 2019 Hassle Records
Live In Ghent 2020 Hassle Records
Unison Life 2022 Hassle Records

Notas editar

  1. "Meet Lars Ulrich-Endorsed Post-Hardcore Band Brutus". Revolver (en inglés). 2017-06-12. Consultado o 2022-07-02. 
  2. "Sargent House - Brutus". sargenthouse.com. Consultado o 2022-07-02. 
  3. "Live in Ghent, by BRUTUS". BRUTUS (en inglés). Consultado o 2022-07-02. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar