Bruce Arena
Bruce Arena é un adestrador de fútbol estadounidense e ex xogador de fútbol nado en Brooklyn, Nova York. Está considerado como un dos mellores adestradores de Norte América. Actualmente adestra a Los Angeles Galaxy[1] da Major League Soccer.
Bruce Arena | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Bruce Arena | ||
Nacemento | 21 de setembro de 1951 (72 anos) | ||
Lugar de nacemento | Brooklyn | ||
Altura | 1,83 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Los Angeles Galaxy (adestrador) | ||
Carreira xuvenil | |||
1968 | Hota | ||
1969–1971 | Nassau Lions | ||
1971–1973 | Cornell Big Red | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1976 | Tacoma Tides | ||
Selección nacional | |||
1973 | Estados Unidos | 1 | ((0)) |
Adestrador | |||
1973 | Universidade Cornell (asistente) | ||
1976 | Universidade de Puget Sound | ||
1978–1996 | Universidade de Virxinia | ||
1995–1996 | Estados Unidos Sub-23 | ||
1996–1998 | D.C. United | ||
1998–2006 | Estados Unidos | ||
2006–2007 | New York Red Bulls | ||
2008– | Los Angeles Galaxy | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Carreira como xogador editar
Instituto e universidade editar
Comezou a xogar no instituto como defensa antes de ser porteiro. Mentres aínda cursaba no instituto chegou a xogar unha tempada co Hota S.C. da liga de fútbol da cidade de Nova York. Despois da súa graduación, xogou dos anos no equipo da universidade de Nassau. Tras isos dous anos foi tranferido ó equipo da Universidade Cornell.
Profesional editar
Tras rematar a universidade, Arena foi seleccionado no draft da Liga de fútbol de Norte América polo New York Cosmos, pero pronto rescidiron o seu contrato. Pero foi fichado polo Tacoma Tides, sendo o segundo porteiro do equipo, á vez que xogaba para os Tides tamén adestraba ó equipo da Universidade de Puget Sound.
Internacional editar
Bruce foi seleccionado coa selección dos Estados Unidos nun amigable contra Israel, entrando na segunda parte, o partido rematou con vitoria israelí por dous goles a cero. Tamén foi seleccionado para un partido contra Haití pero non contou con minutos.
Carreira como adestrador editar
Universidade editar
En 1978, comezou a súa carreira como adestrador, no equipo de fútbol da Universidade de Virxinia onde permaneceu durante dezaoito anos, gañando 5 campionatos.
D.C. United editar
No ano 1996, deixou o equipo da Universidade de Virxinia e a Estados Unidos Sub-23 para adestrar o D.C. United na primeira tempada da historia da MLS. E no primeiro ano consegiu a primeira Copa MLS e o primeiro U.S. Open Cup da historia. Ó ano seguinte volveu gañar a Copa MLS co D.C. United e foi nomeado como o mellor adestrador da tempada. No ano 1998, Bruce consegiu levar ós Black-and-red á final da Liga de Campións da CONCACAF e ademais gañala.
Selección nacional editar
Tomou o control da selección no ano 1998. O seu primeiro partido foi fronte Australia. O seu primeiro torneo foi a Copa Mundial de Fútbol de 1998.
No seu segundo mundial, Arena logrou a mellor clasificación da selección dos Estados Unidos perdendo nos cuartos de final fronte Alemaña, 1-0, con gol de Michael Ballack.
No mundial de 2006 en Alemaña, os Estados Unidos realizaron un pobre papel sendo eliminados na fase de grupos. Con tácticas moi cuestionábeis por parte de Arena. Tras este mundial a federación de fútbol dos Estados Unidos decidiu non prorrogarlle o contrato.
Bruce Arena é o técnico con máis vitorias internacionais coa selección dos Estados Unidos, e logrou o posto máis elevado na clasificación mundial da FIFA (4ª posición) da historia dos Estados Unidos.[2]
New York Red Bulls editar
Tras o seu paso pola selección dos Estados Unidos, o adestrador de Brooklyn asinou co conxunto New York Red Bulls. O seu primeiro partido foi un amigable fronte o F.C. Barcelona. Tras estes dous anos, as dúas partes decidiron, de mutuo acordo, romper o acordo que os unía.
Los Angeles Galaxy editar
No ano 2008, Arena fichou polo conxunto anxelino. Los Angeles Galaxy viñan dunha moi mala racha na última tempada. Pero coa chegada do novo adestrador lograron ser o segundo mellor equipo de toda a MLS. No ano 2011, consegiu levar o seu equipo a gañar a MLS Supporters' Shield e a Copa MLS. ó ano seguinte volveu revalidar o seu último título.
Estatísticas editar
Club | Dende | Ata | Récord | |||
---|---|---|---|---|---|---|
X | G | P | E | |||
D.C. United | 1996 | 1998 | 98 | 60 | 34 | 4 |
Estados Unidos | 1998 | 2006 | 130 | 75 | 28 | 27 |
New York Red Bulls | 2006 | 2008 | 48 | 18 | 19 | 11 |
Los Angeles Galaxy | 2008 | Presente | 174 | 89 | 47 | 38 |
Total | 450 | 242 | 128 | 80 |
Títulos editar
Club editar
- MLS Cup (2): 1996, 1997
- MLS Supporters' Shield : 1997
- U.S. Open Cup : 1996
- Liga de Campións da CONCACAF: 1998
- MLS Cup (3): 2011, 2012, 2014
- MLS Supporters' Shield (2): 2010, 2011
Internacionais editar
- Copa de Ouro da CONCACAF (2): 2002, 2005
Individual editar
- Adestrador do ano da MLS (3): 1997, 2009, 2011