Brian Gubby, nado en Epsom (Surrey) o 17 de abril de 1934, é un adestrador de cabalos de carreiras e expiloto de automobilismo inglés. Como piloto de carreiras, Gubby competiu brevemente na Fórmula 1 durante a década de 1960.

Infotaula de personaBrian Gubby

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de abril de 1934 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Epsom, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , entrenador de cabalos Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo
deporte ecuestre Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Despois de completar o seu servizo militar na década de 1950, Gubby converteuse nun comerciante independente e, ao longo da súa carreira, desenvolveu os seus intereses comerciais que inclúen varios garaxes e salas de exposicións de automóbiles, un hotel e unha empresa de construción.[1]

Andaina nas carreiras editar

Gubby comezou a súa carreira deportiva nos rallyes, e tamén participou en carreiras de velocidade cun Austin A30 e un Jaguar de 3.8 litros[2] antes de cambiar aos monoprazas da Fórmula Júnior a comezos de 1960. Durante este tempo, correu cun Lotus Eleven, un Lotus 18 e tamén un Ausper T4.[2] Foi testemuña da morte do seu amigo Dennis Taylor nunha carreira de Fórmula Júnior en Monte Carlo en 1962, máis tarde describiuno como o peor accidente que viu. O coche de Taylor tocou as rodas coas de Denis Hulme e Taylor estrelouse contra nunha árbore. "Tiven que esquivar todos os restos e estaba case enfermo no coche", recordou Gubby.[1]

Posteriormente pasou a Fórmula Libre e mercou un Lotus 24 azul escuro. Con este coche gañou o Gold Flake Trophy en Leinster e unha carreira no Phoenix Park, animado por este éxito, decidiu subir á Fórmula Un. Dirixiuse a Sicilia cun mecánico nunha VW pickup, para participar no Gran Premio do Mediterráneo de 1964 no Autodromo di Pergusa.[3] Na práctica, logrou o oitavo mellor tempo e superando ao seu rival máis próximo Peter Revson por un segundo,[4] O Lotus de Gubby sufriu unha falla na roda e estrelouse fortemente contra unha vala de malla. "Os Lotus sempre se desmoronaban... Terminei de cabeza para abaixo no bosque, envolto en arame coa boca chea de follas e herba", recordou.[1] Puido desconectar a batería paraa evitar un incendio e algúns mecánicos italianos chegaron á escena para liberalo, pero non puido participar na carreira. A roda que fallou obtiveraa do equipo BRP despois dunha das súas propias rodas desenvolvera unha grieta.[2]

O único intento de participar de Gubby nunha carreira do Campionato do Mundo de Fórmula Un, o Gran Premio do Reino Unido de 1965 en Silverstone tamén terminou con problemas na práctica. Na curva de Woodcote, saltou a sexta velocidade do seu Lotus a 273 km/h, e Gubby viuse obrigado a manter a panca de velocidad mentres trompeaba a alta velocidad. Entón decidiu retirarse do deporte e non asistir á sesión de práctica do día seguinte. Recórdou máis tarde: "Eu estaba pilotando cun presuposto limitado e pensei:"Brian, tes unha familia para coidar e acabarás matándote".[1] Inscribírase no Gran Premio do Mediterráneo de 1965, pero retirou a súa inscrición[5] e vendeu o seu Lotus a Stirling Moss para ser usado por unha empresa cinematográfica que traballaba con Steve McQueen.[1]

Carreiras de cabalos editar

Gubby era fillo dun jockey e logo da súa andaina nas carreiras de motor converteuse en adestrador de cabalos de carreiras, con base en Bagshot, Surrey.[2] O cabalo máis exitoso que adestrou ata a data é o velocista Gabitat, gañador de dez carreiras, incluído no Grupo 3 Duke of York Stakes en York en 1984, e o Grupo 3 Goldene Peitsche en Baden-Baden en 1984 e 1985.[1] Outros cabalos coñecidos adestrados por Gubby son Easy Dollar, Omaha City e, máis recentemente, Son of the Cat, que gañou o Stewards' Sprint Handicap en Goodwood en xullo de 2011.[6]

Ten unhas instalacións de adestramento de 32´4 hectáreas e no seu pico, mantivo ata 16 cabalos, todos en propiedade. Agora con menos cabalos, Gubby aínda realiza a maior parte das tarefas diarias, incluíndo montar a cabalo. [1]

Rexistro de carreiras editar

Resultados Completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos. Puntos
1965 Brian Gubby Lotus 24 Climax V8 RSA MON BEL FRA GBR
NSC
NED ALE ITA USA MEX NC 0

Resultados na Fórmula 1 fora do campionato editar

(clave)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8
1964 Brian Gubby Lotus 24 Climax V8 DMT NWT SYR AIN INT SOL MED
NTS
RAN
1965 Brian Gubby Lotus 24 Climax V8 ROC SYR SMT INT MED
WD
RAN

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Interview with Brian Gubby", Steve Dennis, Racing Post, 23 de agosto de 2011
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Brian Gubby". Historic Racing. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2019. 
  3. "The Formula One Archives: 1964 Mediterranean Grand Prix". Consultado o 7 de agosto de 2011. 
  4. "The Formula One Record Book", John Thompson, 1974.
  5. "The Formula One Archives: 1965 Mediterranean Grand Prix". Consultado o 7 de agosto de 2011. 
  6. "Far side dominates in Stewards' Sprint". Racing Post. 30 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2012. Consultado o 7 de agosto de 2011. 

Véxase tamén editar