Circuíto de Silverstone

autódromo en Silverstone (Inglaterra)
Circuíto de Silverstone
Plano do Circuíto
Datos
Inauguración Setembro de 1947
Outros nomes "Home of British Motor Racing"[1]
Arena Grand Prix Circuit (2011–presente),
Carreiras FIA Fórmula 1: British Grand Prix
FIM MotoGP: British Grand Prix
FIA World Endurance Championship 6 Horas de Silverstone
FIA World Rallycross Championship World RX of Great Britain
FIM Campionato do mundo de Superbikes
European Le Mans Series
Campionato de Europa de Fórmula 2
FIA International Formula 3000
Campionato Británico de Turismos
Campionato Británico de Fórmula 3
British GT
British Superbike Championship
Silverstone Classic
Localización Northamptonshire e Buckinghamshire, Reino Unido
Coordenadas Coordenadas: 52°04′30″N 1°01′00″O / 52.075, -1.0166666666667
Capacidade 150.000 espectadores
Trazado actual (2011 – presente)
Lonxitude km 5,891 km[2]
Curvas 18
Récord tempo 1:27,097
Récord piloto Países Baixos Max Verstappen
Récord equipo Red Bull - Honda
Récord ano 2020
Circuíto Arena Grand Prix (2010)[3]
Lonxitude km 5´901 km.
Curvas 18
Récord tempo 1:30.874
Récord piloto España Fernando Alonso
Récord equipo Ferrari
Récord ano 2010
Circuíto Bridge Grand Prix (1997-2009)
Lonxitude km 5´141 km.
Curvas 17
Récord tempo 1:18.739
Récord piloto Alemaña Michael Schumacher
Récord equipo Ferrari
Récord ano 2004
Circuíto Internacional
Lonxitude km 3´619 km.
Curvas 10
Circuíto Nacional
Lonxitude km 2´638 km.
Curvas 6
Circuíto Stowe
Lonxitude km 1´281 km.
Curvas 5
Vista do Circuíto
Vista aérea do circuíto


O circuíto de Silverstone é un autódromo localizado en Silverstone, Inglaterra, no que se disputa o Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1. O primeiro Gran Premio da historia correuse alí, nun aeródromo inactivo desde a segunda guerra mundial. As tres pistas de engalaxe, trazadas no clásico formato triangular da época, aínda poden apreciarse dentro do circuíto.

O Gran Premio do Reino Unido rotou entre os circuítos de Silverstone, Aintree e Brands Hatch entre os anos 1955 e 1986, pero realizase permanentemente en Silverstone desde 1987. Parte do autódromo atópase en Northamptonshire e a restante en Buckinghamshire.

O 30 de setembro de 2004, o presidente do British Racing Drivers Club, Jackie Stewart, anunciou que a carreira non sería incluída no calendario provisional de 2005, e aínda que finalmente fose corrida, a mesma non se realizaría en Silverstone.[4] No entanto, o 9 de decembro do mesmo ano alcanzouse un acordo con Bernie Ecclestone, dono do a Fórmula 1, segundo o cal o Gran Premio continuaría disputandose en Silverstone ata 2009, despois Donington Park converteríase no novo hóspede. Pero, os arrendatarios de Donington Park sufriron problemas económicos. Como resultado o BRDC asinou un contrato de 17 anos con Ecclestone para celebrar o Gran Premio de Gran Bretaña en Silverstone.[5]

O circuíto editar

Silverstone está construído sobre unha base de bombardeiros da Real Forza Aérea, RAF Silverstone da segunda guerra mundial, que abriu as súas portas en 1943. As tres pistas de aterraxe do aeródromo, no clásico formato en triángulo da segunda guerra mundial, atópanse dentro do contorno da pista actual.

Silverstone foi utilizado por primeira como pista de carreiras por un grupo de amigos que improvisou unha carreira en setembro de 1947. Un dos seus membros, Maurice Geoghegan, vivía na veciña vila de Silverstone e era consciente de que o aeródromo estaba deserto. El e outros once pilotos correron sobre un circuíto de dúas millas, durante o curso da cal o propio Geoghegan atropelou unha ovella que se extraviou no campo de aviación. A ovella morreu e o coche dado de baixa, como consecuencia deste feito a carreira chegou a ser coñecida informalmente como o Gran Premio do Cordeiro.[6]

O ano seguinte, o Real Automóbil Club fixo un contrato de arrendamento co aeródromo e dispúxose dun circuíto de carreiras máis formal. As dúas primeiras carreiras disputáronse nas propias pistas, con longas rectas separadas por pechadas curvas en forquita, coa pista marcada por balas de palla. Pero, para o mitin do International Trophy de 1949, decidiuse cambiar á pista perimetral. Esta disposición utilizouse para os grandes premios de 1950 e 1951. En 1952 a liña de saída trasladouse da recta da granxa á rectas que une as curvas Woodcote e Copse, e esta disposición mantívose practicamente sen cambios durante os 38 anos seguintes. Para o 1975 introduciuse unha chicana para tratar de reducir as velocidades na poderosa curva Woodcote (aínda que MotoGP utilizou o circuíto sen a chicana ata 1986), e a ponte da curva desviouse sutilmente en 1987.

A pista someteuse a un redeseño importante entre as carreiras de 1990 e 1991, transformando a pista ultra rápida (onde nos seus últimos anos todas as curvas tomábanse en cuarta ou quinta velocidade, dependendo da transmisión do vehículo, fóra diso a chicana Bridge, polo xeral tomábase en 2ª velocidade) nunha pista máis técnica. A primeira carreira de F1 da pista reformada foi quizais o máis memorable dos últimos anos, Nigel Mansell volvía fronte do seu público. Á súa volta da vitoria a boxes Mansell ata atopou tempo para recoller ao seu rival Ayrton Senna e levouno sentado no seu coche logo de que o McLaren de Senna quedara sen combustible na última volta da carreira.

Trala morte de Senna e Roland Ratzenberger en Imola en 1994, moitos circuítos de Gran Premio modificáronse co fin de reducir a velocidade e aumentar a seguridade dos pilotos. Como consecuencia disto a entrada á recta do Hangar desde a curva Stowe modificouse en 1995 a fin de facer a súa entrada menos perigosa. Ademais, a curva da Abadía foi modificada para facer unha chicana tan só 19 días antes do GP de 1994.

Características editar

  • Capacidade espectadores: 150.000
  • Lonxitude do circuíto: 5´891 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 52 voltas = 306´332 quilómetros. 18 curvas en total,(10 á dereita e 8 á esquerda).
  • Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 320 km/h con DRS, 301 km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: 66% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 9% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: 2´4 kg por volta (alto).
  • Cambio de marchas por volta: 48 por volta / 2.496 por carreira.
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: baixo
  • Desgaste dos pneumáticos: medio/alto
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: 25 segundos (media)
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´38 segundos.
  • Marca volta: Max Verstappen - Red Bull, 1’27.097 en 2020

Planos do circuíto editar

Galería editar

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Silverstone editar

Ano Piloto Construtor Motor Pneu. Tempo Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1 1950   Giuseppe Farina Alfa Romeo Alfa Romeo P 2:13:23,600 h 4,649 km 70 146,378 km/h 13. maio   Reino Unido
2 1951   José Froilán González Ferrari Ferrari P 2:42:18,200 h 4,649 km 90 154,677 km/h 14. xullo
3 1952   Alberto Ascari Ferrari Ferrari P 2:44:11,000 h 4,711 km 85 146,337 km/h 19. xullo
4 1953   Alberto Ascari Ferrari Ferrari P 2:50:00,000 h 4,711 km 90 149,644 km/h 18. xullo
5 1954   José Froilán González Ferrari Ferrari P 2:56:14,000 h 4,711 km 90 144,351 km/h 17. xullo
6 1956   Juan Manuel Fangio Ferrari Ferrari E 2:59:47,000 h 4,711 km 101 158,795 km/h 14. xullo
7 1958   Peter Collins Ferrari Ferrari E 2:09:04,200 h 4,711 km 75 164,248 km/h 19. xullo
8 1960   Jack Brabham Cooper Climax D 2:04:24,600 h 4,711 km 77 174,944 km/h 16. xullo
9 1963   Jim Clark Lotus Climax D 2:14:09,600 h 4,711 km 82 172,765 km/h 20. xullo
10 1965   Jim Clark Lotus Climax D 2:05:25,400 h 4,711 km 80 180,292 km/h 10. xullo
11 1967   Jim Clark Lotus Climax F 1:59:25,600 h 4,711 km 80 189,345 km/h 15. xullo
12 1969   Jackie Stewart Matra Ford D 1:55:55,600 h 4,711 km 84 204,814 km/h 19. xullo
13 1971   Jackie Stewart Tyrrell Ford G 1:31:31,500 h 4,711 km 68 210,007 km/h 17. xullo
14 1973   Peter Revson McLaren Ford G 1:29:18,500 h 4,711 km 67 212,054 km/h 14. xullo
15 1975   Emerson Fittipaldi McLaren Ford G 1:22:05,000 h 4,719 km 56 193,168 km/h 19. xullo
16 1977   James Hunt McLaren Ford G 1:31:46,060 h 4,719 km 68 209,807 km/h 16. xullo
17 1979   Clay Regazzoni Williams Ford G 1:26:11,170 h 4,719 km 68 223,395 km/h 14. xullo
18 1981   John Watson McLaren Ford M


1:26:54,800 h 4,719 km 68 221,526 km/h 18. xullo
19 1983   Alain Prost Renault Renault M


1:24:39,780 h 4,719 km 67 224,069 km/h 16. xullo
20 1985   Alain Prost McLaren Porsche (TAG) G 1:18:10,436 h 4,719 km 65 235,425 km/h 21. xullo
21 1987   Nigel Mansell}} Williams Honda G 1:19:11,780 h 4,778 km 65 235,291 km/h 12. xullo
22 1988   Ayrton Senna McLaren Honda G 1:33:16,367 h 4,778 km 65 199,782 km/h 10. xullo
23 1989   Alain Prost McLaren Honda G 1:19:22,131 h 4,780 km 64 231,265 km/h 16. xullo
24 1990   Alain Prost Ferrari Ferrari G 1:18:30,999 h 4,780 km 64 233,775 km/h 15. xullo
25 1991   Nigel Mansell Williams Renault G 1:27:35,479 h 5,226 km 59 211,209 km/h 14. xullo
26 1992   Nigel Mansell Williams Renault G 1:25:42,991 h 5,226 km 59 215,828 km/h 12. xullo
27 1993   Alain Prost Williams Renault G 1:25:38,189 h 5,226 km 59 216,030 km/h 11. xullo
28 1994   Damon Hill Williams Renault G 1:30:03,640 h 5,057 km 60 202,144 km/h 10. xullo
29 1995   Johnny Herbert Benetton Renault G 1:34:35,093 h 5,057 km 61 195,683 km/h 16. xullo
30 1996   Jacques Villeneuve Williams Renault G 1:33:00,874 h 5,072 km 61 199,576 km/h 14. xullo
31 1997   Jacques Villeneuve Williams Renault G 1:28:01,665 h 5,140 km 59 206,703 km/h 13. xullo
32 1998   Michael Schumacher Ferrari Ferrari G 1:47:12,450 h 5,140 km 60 172,600 km/h 12. xullo
33 1999   David Coulthard McLaren Mercedes B 1:32:30,144 h 5,140 km 60 200,038 km/h 11. xullo
34 2000   David Coulthard McLaren Mercedes B 1:28:50,108 h 5,141 km 60 208,296 km/h 23. abril
35 2001   Mika Häkkinen McLaren Mercedes B 1:25:33,770 h 5,141 km 60 216,231 km/h 15. xullo
36 2002   Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:31:45,015 h 5,141 km 60 201,649 km/h 7. xullo
37 2003   Rubens Barrichello Ferrari Ferrari B 1:28:34,554 h 5,141 km 60 208,875 km/h 20. xullo
38 2004   Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:24:42,700 h 5,141 km 60 218,403 km/h 11. xullo
39 2005   Juan Pablo Montoya McLaren Mercedes M


1:24:29,588 h 5,141 km 60 218,969 km/h 10. xullo
40 2006   Fernando Alonso Renault Renault M


1:25:51,927 h 5,141 km 60 215,469 km/h 11. xuño
41 2007   Kimi Räikkönen Ferrari Ferrari B 1:21:43,074 h 5,141 km 59 222,630 km/h 8. xullo
42 2008   Lewis Hamilton McLaren Mercedes B 1:39:09,440 h 5,141 km 60 186,585 km/h 6. xullo
43 2009   Sebastian Vettel Red Bull Renault B 1:22:49,328 h 5,141 km 60 223,386 km/h 21. xuño
44 2010   Mark Webber Red Bull Renault B 1:24:38,200 h 5,901 km 52 217,457 km/h 11. xullo
45 2011   Fernando Alonso Ferrari Ferrari P 1:28:41,196 h 5,901 km 52 207,598 km/h 10. xullo
46 2012   Mark Webber Red Bull Renault P 1:25:11,288 h 5,901 km 52 215,683 km/h 8. xullo
47 2013   Nico Rosberg Mercedes Mercedes P 1:32:59,456 h 5,901 km 52 198,076 km/h 30. xuño
48 2014   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 2:26:52,094 h 5,891 km 52 125,091 km/h 6. xullo
49 2015   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:31:27,729 h 5,891 km 52 200,957 km/h 5. xullo
50 2016   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:34:55,831 h 5,891 km 52 193,530 km/h 10. xullo
51 2017   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:21:27,430 h 5,891 km 51 221,201 km/h 16. xullo
52 2018   Sebastian Vettel Ferrari Ferrari P 1:27:29,784 h 5,891 km 52 210,065 km/h 8. xullo
53 2019   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:21:08,452 h 5,891 km 52 226,420 km/h 14. xullo
54 2020   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:28:01,283 h 5,891 km 52 208,721 km/h 2. agosto
55   Max Verstappen Red Bull Honda P 1:19:41,993 h 5,891 km 52 230,513 km/h 9. agosto   Gran Premio do 70º aniversario
56 2021   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:58:23,284 h 5,891 km 52 155,251 km/h 18. xullo   Reino Unido
57 2022   Carlos Sainz Ferrari Ferrari P 2:17:50,311 h 5,891 km 52 233,530 km/h 3. xullo
58 2023   Max Verstappen Red Bull Honda RBPT P 1:25:16.938 h 5,891 km 52 km/h 9. xullo

Récord
Piloto: Lewis Hamilton (8), Alain Prost (5), Jim Clark/Nigel Mansell/Michael Schumacher (3 cada un)
País: Reino Unido (22), Alemaña (6), Francia (5)
Construtor: Ferrari (14), McLaren (12), Mercedes/Williams (8 cada un)
Motor: Ferrari (14), Mercedes (13), Renault (12)
Pneu.: Goodyear (18), Pirelli (17), Bridgestone (10)

Notas editar

  1. "BTCC heading for the Home of British Motor Racing | Racecar – Motorsport News". Racecar. 2009-08-13. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2016. Consultado o 2010-07-05. 
  2. "British GP". FIA.com. Federation Internationale de l'Automobile. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2013. Consultado o 5 de xullo de 2017. 
  3. "New Silverstone circuit gets green light for 2010 British Grand Prix". Silverstone Circuit (British Racing Drivers' Club). 2010-02-11. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2010. Consultado o 2010-02-11. 
  4. "''British GP set for axe''". Itv-f1.com. 1 de outubro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2005. Consultado o 2010-07-05. 
  5. "Silverstone seals British GP deal''". BBC News. 2004-12-09. Consultado o 2010-07-05. 
  6. Tibballs, Geoff (2001). Motor Racing's Strangest Races. Londres: Robson Books. pp. 123–124. ISBN 978-1-86105-411-1. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar