Boulton Paul
Boulton Paul Aircraft Limited foi un construtor aeronáutico británico fundado no ano 1934, aínda que as súas orixes na fabricación de avións remóntanse a 1914. A compañía principalmente fabricaba e modificaba avións baixo contratos doutros fabricantes, aínda que tivo uns poucos deseños propios destacables, como o caza Defiant fighter e o adestrador Balliol.
Boulton Paul Aircraft Limited | |
---|---|
Fundación | 1934 |
Localización | Wolverhampton |
Industria | aeronáutica |
[ editar datos en Wikidata ] |
As orixes da compañía atópanse nunha ferretería fundada en 1797 en Norwich. A principios dos anos 1900 Boulton & Paul Ltd era unha exitosa compañía de fabricación en xeral cunha división de enxeñería. Comezou a fabricar aeronaves por contrato durante a primeira guerra mundial antes de comezar a deseñar e construír os seus propios avións.
O negocio de construción de aeronaves vendeuse en 1934, nun momento baixo do mercado da aviación, e posteriormente moveuse a Wolverhampton baixo o seu novo nome Boulton Paul Aircraft Ltd en 1936 para aproveitarse da man de obra local cualificada e dos incentivos do goberno local.
En 1961 Boulton Paul Aircraft fabricaba equipamento para avións en vez de aeronaves e fusionouse co Dowty Group.
Historia editar
Boulton & Paul creou a súa división de enxeñería da construción no ano 1905.[1]
En 1915, Boulton & Paul comezou a construír aeronaves por contrato, incluídos 550 dos Royal Aircraft Factory FE.2b. Durante a guerra a compañía fabricou máis Sopwith Camel que calquera outra compañía. O éxito como construtor de aeronaves fixo que a compañía crease un departamento de deseño pero ningún dos seus avións tivo un impacto significativo mentres durou a guerra. O xefe de deseño de avións de Boulton Paul era John Dudley North (1893-1968), que se uniu á compañía dende o Austin Motor Company Aircraft Department.
Tras a primeira guerra mundial, Boulton & Paul deixou a súa pegada coa introdución de torretas defensivas para bombardeiros pechadas e motorizadas. O seu bombardeiro biplano bimotor Sidestrand, que podía voar a 225 km/h, tiña unha torreta exposta que era claramente pouco axeitada. O posterior bombardeiro Overstrand contaba coa primeira torreta pechada motorizada do mundo, montando un único canón Lewis e propulsada por aire comprimido. A compañía licenciou un deseño francés dunha torreta electrohidráulica de catro canóns que se converteu nunha importante característica na súa futura produción. Ademais de instalar torretas nos bombardeiros, Boulton Paul comezou a instalalas en cazas.
Durante este período Boulton & Paul continuou operando fóra da industria aonáutica. Fabricaba equipamento como ferramentas e motores estacionarios. Estes últimos tamén estaban dispoñibles acoplados a unha dínamo para alimentar circuítos eléctricos de iluminación, e vendíanse coa marca Electolite.
En 1934, Boulton & Paul vendeu o seu "Departamento de Avións" que se converteu en Boulton Paul Aircraft Ltd. Durante os segintes dous anos construíuse unha nova factoría en Wolverhampton.[2] Isto deu acceso a unha gran cantidade de man de obra cualificada ademais dos 600 empregados que se mudaron de Norwich a Wolverhampton. Aínda así, Boulton Paul establecería posteriormente un centro de capacitación no centro de Escocia para conseguir máis traballadores. O primeiro caza con torreta en ser contruído foi o Hawker Demon. A este seguiulle o avión máis famoso de Boulton Paul, o Defiant, que foi un concepto revolucionario pero con defectos na especificación do Ministerio do Aire (un caza rápido sen armamento fixo cara a adiante pero unha potente torreta dorsal con catro canóns). Agardábase que os cazas con torreta fosen capaces de atacar bombardeiros inimigos dende calquera punto. O mesmo concepto foi usado polo equivalente naval do Defiant, o Blackburn Roc, que aínda que era un deseño de Blackburn o deseño dos detalles e a fabricación foi realizada por Boulton Paul.
Boulton Paul tamén fabricou o Fairey Barracuda e realizou conversións do Vickers Wellington. O úniico deseño da posguerra foi o adestrador avanzado Balliol, do cal construíronse 229 unidades, incluídas 30 do adestrador naval Sea Balliol.
Na era dos reactores Boulton Paul traballou no English Electric Canberra e no de Havilland Vampire. Deseñou e fabricou un par de avións a reacción con á en delta para traballos de investigación en continuou enviando deseños para requirimentos oficiais. En 1961 a compañía foi mercada polo Dowty Group e pasou a chamarse Dowty Boulton Paul Ltd primeiro e Dowty Aerospace posteriormente.
Tras a adquisición de Dowty Aerospace polo TI Group en 1992, e a posterior fusión de Smiths Industries e o grupo TI en 2000 para formar Smiths Group, a fábrica de Wolverhampton vendeuse novamente en maio de 2007 a GE Aviation Systems. En agosto de 2009 vendeuse outra vez a Moog Inc. pero tivo que moverse ao próximo parque empresarial I54. A fabrica tamén tiña o Boulton Paul Museum dedicado a avións de Boulton Paul e aos métodos tradicionais usados para fabricar aeronaves. Agárdase que a importante colección trasládese ao Museo da Royal Air Force en Cosford.[3]
editar
- Boulton Paul Bobolink (1918) - caza monopraza
- Boulton Paul Bourges (1918) - bombardeiro diúrno/recoñecemento de longo alcance
- Boulton Paul P-6 (1918) - biplano experimental
- Boulton Paul Atlantic (1919) - prototipo pasaxeiros
- Boulton Paul P.9 (1919) - utilitario lixeiro
- Boulton Paul P.10 (1919) - biplano experimental
- Boulton Paul Bolton (1922) - biplano de recoñecemento de longo alcance
- Boulton & Paul Bugle (1923) - bombardeiro pesado
- Boulton Paul Bodmin (1924) - bombardeiro experimental
- Boulton Paul Sidestrand (1926) - bombardeiro
- Boulton Paul Bittern (1927) - caza nocturno
- Boulton Paul Partridge (1928) - caza
- Boulton Paul Phoenix (1929) - avión de baixo custo para uso persoal
- Boulton Paul P.32 (1931) - bombardeiro, non aceptado para o servizo
- Boulton Paul Overstrand (1933) - bombardeiro
- Boulton Paul P.64 Mail-Carrier (1933) - correo/transporte lixeiro
- Boulton Paul P.71A (1934) - derivado de tranporte do Mail-Carrier
- Boulton Paul Defiant (1937) - caza
- Boulton Paul P.90 - proposta de bombardeiro de catro motores para cumprir a Especificación B.12/36 (non construído)
- Boulton Paul P.92 (1941) - caza/ataque ao chan
- Boulton Paul P.98/P.100 (1942) - deseño proposto canard-pushprop
- Boulton Paul Balliol (1947) - adestrador
- Boulton Paul P.111 (1950) - investigación de á delta
- Boulton Paul P.112 (1950s) - proposta de adestrador de tres prazas (non construído)
- Boulton Paul P.116 (1950s) - proposta de adestrador de dúas prazas (non construído)
- Boulton Paul P.117 - estudos de aerodinos controlados por ás
- Boulton Paul P.120 (1952) - investigación de á delta
- Boulton Paul P.130 - proposta de avión VTOL
- Boulton Paul P.132 - proposta de avión VTOL
- Boulton Paul P.134 - proposta de avión VTOL
- Boulton Paul P.135 - proposta de avión VTOL
- Boulton Paul P.136 - proposta de avión VTOL
- Boulton Paul P.137 - investigación de VTOL
- Boulton Paul P.140 - proposta de avión de pasaxeiros VTOL
- Boulton Paul P.141 - proposta de avión de pasaxeiros VTOL
- Boulton Paul P.142 - investigación de VTOL
- Boulton Paul P.143 - proposta de avión de pasaxeiros VTOL
- Boulton Paul P.145 - proposta de avión VTOL con dúas colas
- Boulton Paul P.146 - proposta de avión de pasaxeiros VTOL
Notas editar
- ↑ Brew, Alec. Boulton Paul Aircraft, Tempus, 2001
- ↑ Brew, Alec (2015). The Boulton Paul Balliol : the last Merlin-powered aircraft. [Stroud]. ISBN 978-1-78155-361-9. OCLC 908967014.
- ↑ "The Boulton Paul Association - Wolverhampton - Staffordshire - England - United Kindom". www.aviationmuseum.eu. Consultado o 2022-04-01.