de Havilland Vampire

O de Havilland Vampire foi un caza británico que se converteu no segundo reactor encargado pola RAF, despois do Gloster Meteor, durante a segunda guerra mundial a pesar de que non chegou a combater nela. A configuración bideriva do Vampire adoptouse para que a tobeira do motor puidese ser o máis curta e eficaz posíbel. Inda que o prototipo voou no setembro do 1943, este modelo non entrou en servizo ata despois da segunda guerra mundial. Serviu no Mando de Caza e a Real Forza Aérea Auxiliar, pero foi empregado sobre todo por escuadróns enviados a ultramar ata a súa substitución polo Havilland Venom. As derradeiras variantes do Vampire sirviron como adestradores avanzados, avións de estafeta e remolcadores de brancos despois de ser retirados do servizo de primeira liña. O NF.Mk 10, un caza nocturno bipraza equipado con radar, foi deseñado para a exportación pero serviu certo tempo na RAF. O T.Mk 11 foi o adestrador avanzado da RAF dende o 1952 ata a aparición do Folland Gnat a primeiros dos anos 60.

de Havilland Vampire
Vampire adestrador
Tipocaza
Fabricantede Havilland
Primeiro voo20 de setembro de 1943
Introducido1946
Retirado1979
Principais usuariosRoyal Air Force
Royal Navy
Unidades construídas3 268

Especificacións editar

 
de Havilland Vampire
 
de Havilland Vampire. Israel. 2006
  • Tipo: Cazabombardeiro monopraza De Havilland Vampire FB.Mk 9.
  • Construtor: De Havilland
  • Ano: 1945
  • Principal usuario: Royal Air Force e a Fleet Air Arm
  • Envergadura: 12,19 m.
  • Lonxitude: 9,37 m.
  • Altura: 1,88 m.
  • Área alar: 24,34 m².
  • Peso baleiro: 3 297 Kg.
  • Peso cargado: 5 618 Kg.
  • Planta motriz: 1 De Havilland Goblin de 3.350 libras de pulo.
  • Armamento: 4 canóns de 20 mm a proa e bombas e foguetes subalares.
  • Velocidade máxima: 540 millas/h a 20.000 pés
  • Alcance operacional: 730 millas