Borja Verea

político galego do PPdG
(Redirección desde «Borja Verea Fraiz»)

Borja Verea Fraiz, nado en Santiago de Compostela en 1980, é un funcionario e político galego do PPdG, presidente do Partido Popular de Santiago de Compostela, voceiro no Concello de Santiago polo PPdG e deputado no Parlamento de Galicia pola circunscrición electoral da Coruña.

Infotaula de personaBorja Verea
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Deputado do Parlamento de Galicia
2020 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Papeleta das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.

Traxectoria editar

É licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto, máster en Administración Local pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Dereito pola USC. É funcionario da escala de Interventores de Habilitación Estatal pertence tamén ao Corpo Superior da Xunta de Galicia.

Comezou a súa carreira de funcionario como secretario do Concello do Saviñao. No ano 2009 é nomeado Subdirector Xeral de Réxime Xurídico Local na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. No ano 2011 é designado Secretario Xeral Técnico da Consellería de Economía e Industria. No ano 2015, a consellería asume as competencias de Emprego, pasando a denominarse Consellería de Economía, Emprego e Industria sendo o titular da Secretaría Xeral Técnica ata a súa elección como deputado autonómico no ano 2020.

Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi de número 11 da lista do Partido Popular pola Circunscrición electoral da Coruña,[1] obtendo acta de deputado autonómico.

Desde maio de 2022 é o presidente do PP de Santiago de Compostela[2] tras gañar as primarias co 98.9% dos votos. O seu partido escolleuno para encabezar a súa candidatura nas eleccións municipais de 2023 en Santiago de Compostela.[3]

Nas eleccións municipais de 2023, a súa candidatura con PPdG resultou a máis votada obtendo 11 concelleiros dos 25 totais, fronte a un BNG (que goberna actualmente) con 6 concelleiros e a un PSOE co mesmo número de actas (6 concelleiro); CA acadou 2 concelleiros.

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, foi de número 5 pola provincia da Coruña.[4], obtendo a súa acta de deputado tras os resultados acadados polo PPdG (40 escaños, 13 deles por esta provincia).

Notas editar

  1. "Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…" Diario Oficial de Galicia n.º 117, do 16/6/2020.
  2. "Borja Verea elixido como novo presidente do PP de Santiago co 98'9% dos votos". Galicia Confidencial. 14 de maio de 2022. 
  3. "Borja Verea asegura querer gobernar “levando a Santiago ao século XXI”". El Correo Gallego. 15 de decembro de 2022. 
  4. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar