Borja Valle

futbolista español

Borja Valle Balonga, nado en Ponferrada o 9 de xullo de 1992, é un futbolista español. Xoga de dianteiro na Ponferradina, da Primeira División RFEF.

Borja Valle
Información persoal
Nome Borja Valle Balonga
Nacemento 9 de xullo de 1992
Lugar de nacemento Ponferrada
Altura 1,80 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Ponferradina
Número 9
Carreira xuvenil
Ponferradina
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2009–2011 Ponferradina B
2010–2013 Ponferradina 18 (1)
2012Celta B (cedido) 13 (1)
2012–2013Ourense (cedido) 32 (4)
2013–2014 Ourense 32 (6)
2014–2016 Oviedo 54 (15)
2016–2020 Deportivo da Coruña 79 (13)
2017Elche (cedido) 17 (4)
2020 Dinamo București 9 (5)
2021 Oviedo 21 (0)
2021 Khor Fakkan 4 (0)
2022 Alcorcón 19 (4)
2022–2023 FC Cartagena 39 (6)
2023 Rapid București 16 (1)
2024– Ponferradina 3 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 27 de xaneiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

SD Ponferradina (2009-2013) editar

Formouse nas categorías inferiores da SD Ponferradina facendo o seu debut co equipo filial na tempada 2009-10. O 9 de maio de 2010 debutou co primeiro equipo en Segunda División B xogando os últimos 19 minutos do partido da última xornada contra o Zamora CF no Ruta de la Plata, no que o equipo perdeu 1-0 pero logrou o ascenso á Segunda División.[1]

O 29 de xaneiro da seguinte tempada debutou en Segunda, saíndo como substituto de Yuri no minuto 89 no partido da xornada 22 disputado contra a SD Huesca.[2] O seu primeiro gol na competición produciuse o 12 de marzo, anotando o gol gañador contra o Albacete Balompié (2-1).[3] Xogou un total de 10 partidos esa tempada, os mesmos que na tempada seguinte, co equipo de novo en Segunda B.

Cesións ao Celta de Vigo B e CD Ourense (2012-2013) editar

En xaneiro de 2012 foi cedido ao Celta de Vigo B, tamén da 2ªB, co que disputou 13 partidos e marcou un gol.[4] Ao comezo da tempada seguinte volveu ser cedido, nesta ocasión ao CD Ourense,[5] co que xogou 33 partidos e marcou 4 goles.

CD Ourense (2013-2014) editar

Ao remate da tempada o club galego fichouno xa en propiedade.[6] Marcou 6 goles en liga e 4 máis na Copa Federación, que acabou gañando o seu equipo, pero despois de que os xogadores estivesen varios meses sen cobrar o club foi descendido administrativamente a Terceira División.[7]

Real Oviedo (2014-2016) editar

O 21 de maio de 2014 fichou polo Real Oviedo,[8] sendo unha peza clave no ascenso do equipo asturiano á Segunda División ao final da tempada, referendado pola renovación cos carbayones o 24 de xuño de 2015.[9] Marcou un total de 15 goles nas súas dúas tempadas no club ovetense.

Deportivo da Coruña (2016-2020) editar

O 21 de xuño de 2016 confirmouse a fichaxe do berciano polo Deportivo da Coruña para as seguintes 3 tempadas.[10] Debutou en Primeira División o 26 de agosto, na xornada 2 fronte ao Real Betis no Benito Villamarín. Contou con poucos minutos nos seguintes meses, e en xaneiro foi cedido ao Elche, de Segunda División.[11] Alí marcou catro goles, insuficientes para evitar o descenso do club a 2ª B.[12]

Volveu logo ao Deportivo, co que xogou as seguintes tres campañas, nas que anotou 16 goles e sufriu dous descensos ata a Segunda División B, categoría á que o club galego non caía dende había catro décadas.

FC Dinamo București (2020) editar

En setembro de 2020 fichou polo FC Dinamo București de Romanía.[13] Debutou cun gran gol dende 60 metros fronte ao FC Botoșani,[14] pero deixou o club só tres meses despois, ao non percibir salario ningún dende a súa chegada ao equipo romanés.[15][16]

Oviedo (2021) editar

O 30 de decembro de 2020 o Oviedo anunciou a súa contratación ata final de tempada.[17] Non chegou a se asentar no equipo do Cuco Ziganda, no que xogou 21 partidos, pero só catro deles como titular.

Khor Fakkan (2021) editar

En xullo de 2021 decidiu probar fortuna no fútbol árabe, asinando co Khor Fakkan, da máxima categoría dos Emiratos Árabes Unidos.[18] Con todo, nos seus seis meses no país, xogou só catro encontros no club emiratí, antes de que a súa licenza federativa lle fose retirada, do mesmo xeito que ao seu compañeiro galego Luis Fernández.[19]

Alcorcón (2022) editar

En xaneiro de 2022 regresou a España para fichar polo Alcorcón, da Segunda División.[20] Xogou un total de 19 partidos nos cinco meses que militou no club madrileño, marcando 4 goles, pero o seu equipo acabou baixando á Primeira RFEF ao remate da tempada, sumando así o xogador o sétimo descenso da súa carreira deportiva.[21]

FC Cartagena (2022-2023) editar

En xullo de 2022 fichou polo FC Cartagena, tamén de Segunda, xunto a outros dous futbolistas do Alcorcón: Calero e Óscar Arribas.[22] Contabilizou un total de 41 partidos e 6 goles co equipo de Luis Miguel Carrión, que acabou a liga na novena posición.

Rapid București (2023) editar

No verán de 2023 rexeitou a oferta de renovación do Cartagena e regresou a Bucarest, onde asinou polo outro dos grandes clubs da capital, o Rapid București.[23] Disputou 19 encontros co club romanés, aportando un gol e tres asistencias, ata que en xaneiro decidiu regresar a Ponferrada.[24]

Ponferradina (2024-) editar

O primeiro día do 2024, a Ponferradina confirmou a volta do xogador, máis dunha década despois da súa saída do club.[24]

Palmarés editar

CD Ourense
Real Oviedo

Notas editar

  1. "Salvados y amigos para siempre". La Opinión de Zamora (en castelán). 9 de maio de 2010. Consultado o 3 de decembro de 2020. 
  2. Camacho osixena ao Huesca; Marca, 29 de xaneiro de 2011
  3. "La Ponferradina vuelve a ganar 17 jornadas después". Marca (en castelán). 12 de marzo de 2011. Consultado o 3 de decembro de 2020. 
  4. Borja Valle vaise cedido ao Celta B a petición propia Arquivado 05 de xullo de 2015 en Wayback Machine.; Diario de León, 26 de xaneiro de 2012
  5. "Borja Valle cedido al CD Ourense"
  6. Castilla, Gabriel (6 de xuño de 2013). "Oficial: Ourense, Borja Valle firma a título definitivo" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 3 de decembro de 2020. 
  7. Fuentes, Ramón (30 de xuño de 2014). "Descenso administrativo del Ourense a Tercera" (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2020. 
  8. O Oviedo ficha a Borja Valle; La Nueva España, 21 de maio de 2014
  9. "Borja Valle renueva por un año con otro por objetivos". La Nueva España (en castelán). 25 de xuño de 2015. Consultado o 3 de decembro de 2020. 
  10. Borja Valle, novo xogador do Deportivo; Marca, 22 de xuño de 2016
  11. "Borja Valle se marcha cedido al Elche" (en castelán). 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 3 de decembro de 2020. 
  12. "El Elche desciende a Segunda División B tras 18 temporadas" (en castelán). 4 de xuño de 2017. Consultado o 3 de decembro de 2020. 
  13. "Borja Valle ficha por el Dinamo de Bucarest". La Opinión A Coruña (en castelán). 5 de setembro de 2020. Consultado o 3 de decembro de 2020. 
  14. Ráez, Cristóbal (11 de setembro de 2020). "Borja Valle ya deja su sello en Rumanía: golazo desde el centro del campo en su debut" (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2020. 
  15. Barreiros, Pedro (16 de novembro de 2020). "O calvario de Borja Vale, sen cobrar desde que chegou a Romanía". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2020. 
  16. "Borja Valle deja el Dinamo de Bucarest tras más de dos meses de impagos" (en castelán). 3 de decembro de 2020. Consultado o 3 de decembro de 2020. 
  17. "Borja Valle, nuevo jugador del Real Oviedo" (en castelán). 30 de decembro de 2020. Consultado o 5 de xaneiro de 2022. 
  18. "Ex Oviedo: Borja Valle tiene nuevo equipo" (en castelán). 26 de xullo de 2021. Consultado o 5 de xaneiro de 2022. 
  19. ""Vivimos moi ben, pero non me deixan xogar"". El Progreso. 26 de outubro de 2021. Consultado o 14 de marzo de 2023. 
  20. "Borja Valle es nuevo jugador de la AD Alcorcón" (en castelán). 4 de xaneiro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2023. Consultado o 5 de xaneiro de 2022. 
  21. "El fútbol sonríe a Borja Valle tras siete descensos e impagos" (en castelán). 19 de febreiro de. Consultado o 14 de marzo de 2023. 
  22. "Borja Valle se convierte en el tercer futbolista que 'pesca’ el Efesé del descendido Alcorcón" (en castelán). 7 de xullo de 2022. Consultado o 14 de marzo de 2023. 
  23. "Borja Valle rechaza al FC Cartagena y firma con el Rapid 1923 de Bucarest". La Opinión A Coruña (en castelán). 17 de xuño de 2023. Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 
  24. 24,0 24,1 "Borja Valle regresa a la SD Ponferradina". 1 de xaneiro de 2024. Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar