Estadio Ruta de la Plata

Coordenadas: 41°29′11″N 5°44′53″O / 41.486389, -5.748056

O Estadio Ruta de la Plata é un estadio de fútbol situado en Zamora, capital da provincia do mesmo nome. Conta con capacidade para 7.813 espectadores e foi inaugurado o 1 de setembro de 2002, co partido Zamora CF 1-1 CD Ourense.

Estadio Ruta de la Plata
Datos
LocalizaciónZamora
Construción
Inauguración1 de setembro de 2002
Estadio
SuperficieCéspede natural
Dimensións104x70
Capacidade7.813
PropietarioConcello de Zamora
LocalíaZamora CF
Eventos

De propiedade municipal, é sede habitual dos partidos do Zamora Club de Fútbol. O complexo conta ademais con dous campos de herba artificial e un campo de herba natural que son utilizados polos equipos de canteira do Zamora CF.

Foi construído en substitución do antigo campo do Zamora, La Vaguada, que quedou obsoleto en moitos aspectos, non sendo pola súa antigüidade, 15 anos, senón pola súa reducida capacidade (4.000 espectadores) e polas súas mediocres instalacións.

Tamén foi sede, o día 1 de abril de 2003, dun partido de seleccións clasificatorio para o Europeo Sub-21 entre España e Armenia con resultado de 5-0 para España.