Boeing F/A-18E/F Super Hornet

Os Boeing F/A-18E/F Super Hornet son cazas multirrol embarcados baseados no McDonnell Douglas F/A-18 Hornet. As variantes F/A-18E monopraza e F/A-18F bipraza sonderivados máis grandes e avanzados dos F/A-18C e D Hornet.

Boeing F/A-18E/F Super Hornet
Tipocaza multirrol embarcado
FabricanteMcDonnell Douglas
Boeing
Primeiro voo29 de novembro de 1995
Introducido1999
Estadoen servizo
Principais usuariosArmada dos Estados Unidos
Real Forza Aérea de Australia
Forza Aérea de Kuwait
Produción1995 - presente
Unidades construídas608
VariantesBoeing EA-18G Growler

O Super Hornet ten un canón rotatorio interno de 20 mm M61 e pode levar mísiles aire-aire e armas aire-superficie. Pode levar combustible adicional en ata cinco tanques externos e pode ser configurado como unavi´n de repostaxe en voo engadíndolle un sistema externo de reabastecemento aire-aire.

Deseñado e producido inicialmente por McDonnell Douglas, o Super Hornet voou por vez primeira en 1995. A principios de 1997 iniciouse a súa produción a pequena escala, acadándose a fabricación a grande escala en setembro dese mesmo ano, tras a fusión de McDonnell Douglas e Boeing o mes anterior. O Super Hornet entrou en servizo coa frota da Armada dos Estados Unidos en 1999, substituíndo ao Grumman F-14 Tomcat, que foi retirado en 2006; o Super Hornet serviu xunto co Hornet orixinal. A Real Forza Aérea de Australia, que operou o F/A-18A como o seu principal caza dende 1984, pediu o F/A-18F en 2007 para substituír aus seus vellos General Dynamics F-111C. Os Super Hornets australianos entraron en servizo en decembro de 2010.

Desenvolvemento editar

Orixes editar

O Super Hornet é un redeseño do McDonnell Douglas F/A-18 Hornet. A configuración das ás e da cola ten a súa orixe nun prototipo de Northrop, o P-530, que naceu como unha revisión do lixeiro Northrop F-5E (cunha á máis grande, dúas derivas e unha distintiva extensión da raíz do bordo de ataque, ou LERX).[1] Posteriormente chamado Northrop YF-17 "Cobra", competiu no programa Lightweight Fighter (LWF) da USAF para producir un caza máis pequeno e sinxelo para complementar ao máis grande McDonnell Douglas F-15 Eagle; o YF-17 perdeu a competición contra o YF-16.[2]

A Armada ordenou que o YF-17 fose redeseñado para chegar ao máis grande F/A-18 Hornet para cumprir cun requisito para un caza multirrol que complementase ao máis grande e caro Grumman F-14 Tomcat servindo nos roles de interceptor e superioridade aérea. O Hornet demostrou ser efectivo pero cun limitado radio de combate. O concepto dun Hornet agrandado propúxose por vez primeira anos anos 80, o cal foi comercializado por McDonnell Douglas como Hornet 2000. O concepto do Hornet 2000 era o dun F/A-18 avanzado cunha á máis grande e unha fuselaxe máis longa para levar máis combustible e motores máis potentes.[2][3]

O final da guerra fría levou a un período de recortes no orzamento militar e a unha considerable reestruturación. Ao mesmo tempo a aviación naval estadounidense enfrontábase a varios problemas. O McDonnell Douglas A-12 Avenger II fora cancelado en 1991 despois de que o programa pasase por problemas serios; este tería que ser o substituto do obsoleto Grumman A-6 Intruder.[4] A Armada considerou actualizar un deseño xa existente como un enfoque máis atractivo en vez dun deseño totalmente novo. Como alternativa ao A-12, McDonnell Douglas propuxo o "Super Hornet" (inicialmente "Hornet II" nos 80), unha mellora dos anteriores exitosos modelos F/A-18,[3] que podería servir como substituto alternativo para o A-6 Intruder. O deseño do Hornet de nova xeración demostrou ser máis atractivo que a actualización Quick Strike de Grumman para o F-14 Tomcat, xa que se considerou un salto tecnolóxico insuficiente en comparación aos F-14 existentes.[5]

At the time, o Grumman F-14 Tomcat era o principal caza de superioridade aérea e interceptor da Armada. O entón Secretario de Defensa Dick Cheney describiu o F-14 como tecnoloxía dos 60, e reduciu drasticamente a adquisición do F-14D en 1989 antes de cancelar totalmente a súa produción en 1991, en favor do actualizado F/A-18E/F.[6][7] A decisión de substituír o Tomcat polos Hornet foi controvertida; o as da guerra de Vietnam e congresista Duke Cunningham criticou o Super Hornet como un deseño non probado que comprometía a superioridade aérea.[5][8] En 1992 a Armada cancelou o programa Navy Advanced Tactical Fighter (NATF), que tería sido unha variante embarcada do Lockheed Martin F-22 Raptor da USAF. Como unha alternativa máis barata ao NATF, Grumman propuxo melloras substanciais ao F-14 máis aló do Quick Strike, pero o Congreso rexeitounas por ser demasiado caras e reafirmou o seu compromiso co máis barato F/A-18E/F.[9]

Probas e produción editar

O Super Hornet foi pedido pola Armada estadounidense en 1992.[10] A Armada retivo a designación F/A-18 para axudar a vender o programa ao Congreso como un "derivado" de baixo risco, aínda que o Super Hornet é en gran medida un avión novo. O Hornet e o Super Hornet comparten moitas características, incluído aviónica, asentos de exección, radar, armamento, software de misión, e procedementos de mantemento/operación. O F/A-18E/F inicial mantiña a meirande parte dos sistemas de aviónica dos F/A-18C/D da época.[2] O deseño do Super Hornet ampliaríase cheganto a ter un peso en baleiro lixeiramente superior ao do F-15C.[11]

O primeiro voo do Super Hornet foi o 29 de novembro de 1995.[2] A produción inicial do F/A-18E/F comezou en 1995. As probas de voo comezaron en 1996 aterrando por primeira vez nun portaavións en 1997.[2] A produción a baixo ritmo iniciouse en marzo de 1997,[12] acadándose a produción a ritmo completo en setembro dese ano.[13] Os voos de proba continuaron durante o ano 1999, rematando con probas no mar e de repostaxe en voo. No programa realizáronse 3 100 voos cunha duración de 4 600 horas.[3] O Super Hornet underwent U.S. Navy operational tests and evaluations en 1999, e foi aprobado en febreiro de 2000.[14]

Coa retirada do F-14 en 2006, todos os reactores de combate da Armada serían variantes do Hornet ata a entrada en servizo do F-35C Lightning II. O F/A-18E monopraza e o F/A-18F bipraza tomaron o lugar do F-14 Tomcat, o A-6 Intruder, o Lockheed S-3 Viking, e o KA-6D. Unha variante de guerra electrónica, o EA-18G Growler, substitúe ao EA-6B Prowler. Durante a época da guere de Vietnam, os roles dos Super Hornet eran realizados por unha combinación de avións A-1/A-4/A-7 (ataque lixeiro), A-6 (ataque medio), F-8/F-4 (caza), RA-5C (recon.), KA-3/KA-6 (repostaxe), e EA-6 (guerra electrónica). Anticipoiuse que se aforrarían 1 000 millóns de dólares anuais ao substituír todos os modelos polo Super Hornet.[15] A Armada considera a compra do Super Hornet un éxito, cumprindo os requirimentos de custo, calendario e peso.[16]

Notas editar

  1. "Northrop YF-17 Cobra". www.joebaugher.com. Consultado o 2022-03-13. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Jenkins, Dennis R. (2000). F/A-18 Hornet : a Navy success story. New York: McGraw Hill. ISBN 0-07-134696-1. OCLC 43083275. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Boeing: fa-18-super-hornet". www.boeing.com. Consultado o 2022-03-13. 
  4. Donald 2004, p. 45
  5. 5,0 5,1 "TOP GUN Day Special: The Super Tomcat That Was Never Built". Jalopnik (en inglés). Consultado o 2022-03-13. 
  6. "F-14 Tomcat - Military Aircraft". man.fas.org. Consultado o 2022-03-13. 
  7. Warplanes of the fleet. Norwalk, Conn.: AIRtime. 2004. ISBN 1-880588-81-1. OCLC 71539693. 
  8. "FUTURE OF NAVAL AVIATION -- HON.RANDY`DUKE'CUNNINGHAM (Extension of Remarks - May 07, 1991)". man.fas.org. Consultado o 2022-03-13. 
  9. Donald 2004, pp. 13, 15
  10. Young, James; Anderson, Ronald; Yurkovich, Rudolph (1998-09-02). A description of the F/A-18E/F design and design process. Multidisciplinary Analysis Optimization Conferences. American Institute of Aeronautics and Astronautics. doi:10.2514/6.1998-4701. 
  11. Kopp, Carlo (2001-05-01). "Flying the F/A-18F Super Hornet Parts 1 and 2". Australian Aviation 2001 (May). 
  12. "Boeing: F/A-18E/F Super Hornet Approved For Low-Rate Production". web.archive.org. 2010-02-06. Archived from the original on 06 de febreiro de 2010. Consultado o 2022-03-13. 
  13. "Boeing: F/A-18E/F Super Hornet Enters Production at Boeing". web.archive.org. 2010-02-06. Archived from the original on 06 de febreiro de 2010. Consultado o 2022-03-13. 
  14. "Defense.gov News Transcript: DoD Special Briefing on "SUPER HORNET" Operation Evaluation Results". web.archive.org. 2011-06-08. Archived from the original on 08 de xuño de 2011. Consultado o 2022-03-13. 
  15. "The F/A-18E/F Super Hornet: Tomorrow's Air Power Today". National Defense Industrial Association. 2008-05-28. Archived from the original on 28 de maio de 2008. Consultado o 2022-03-13. 
  16. "The US Navy -- Fact File: F/A-18 Hornet strike fighter". web.archive.org. 2014-01-11. Archived from the original on 11 de xaneiro de 2014. Consultado o 2022-03-13. 

Bibliografía editar