General Dynamics F-111 Aardvark

O General Dynamics F-111 Aardvark foi un interceptor e avión de ataque táctico de alcance medio que tamén realizou labores de bombardeiro estratéxico, recoñecemento e avión de guerra electrónico nas súas diversas versións. Desenvolvido nos anos 60 por General Dynamics, entrou en servizo no ano 1967 coa USAF. A Real Forza Aérea Australiana (RAAF) tamén pediu o avión e comezou a operar o F-111C en 1973.

General Dynamics F-111 Aardvark
FabricanteGeneral Dynamics
Primeiro voo2 de decembro de 1964
Introducido18 de xullo de 1967
Retirado2010
Estadoretirado
Unidades construídas563

O F-111 foi pioneiro en varias tecnoloxías aeronáuticas, como ás de xeometría variable, motores turbofan con poscombustión e afterburning turbofan engines, e rádar automatizado de seguimento de terreo a voos a baixo nivel e alta velocidade. O seu deseño influencio a modelos posteriores con ás de xeometría variable, e algunha das súas avanzadas características foron dende entón comúns. Durante o desenvolvemento inicial, o F-111 pasou por varios problemas e moitos dos roles que debería desempeñar, como intercepción naval, co F-111B, non se materializaron.

As versións da USAF do F-111 retiráronse nos anos 90, sendo o F-111F retirado en 1996 e o EF-111 en 1998. Sería substituído polo F-15E Strike Eagle para ataques de precisión de alcance medio, e polo B-1B Lancer en misións de bombardeo supersónico. A RAAF foi o derradeiro operador do F-111, onde serviu ata decembro do ano 2010.