Biomedicina é un termo que engloba o coñecemento e a investigación que é común aos campos da medicina e os doutras ciencias biolóxicas, como a bioquímica, a inmunoloxía, a química, a bioloxía, a histoloxía, a xenética, a embrioloxía, a anatomía, a fisioloxía, a patoloxía, a zooloxía, a botánica e a microbioloxía.[1]

Parede do Instituto Biomédico da Universidade Federal Fluminense, no Brasil.

Procedementos editar

A biomedicina relaciónase coa práctica da medicina, e aplica todos os principios das ciencias naturais á práctica clínica, mediante o estudo e investigación dos procesos fisiopatolóxicos, considerando desde as interaccións moleculares até o funcionamento dinámico do organismo, a través das metodoloxías aplicadas na bioloxía, a química e a física.[2][3]

Deste xeito permite a creación de novos fármacos, menos tóxicos ou invasivos, e perfecciona o diagnóstico precoz de enfermidades e o tratamento destas.[4]

Premio Nobel de Medicina 2008 no Parlamento Europeo editar

Luc Montagnier estivo no Parlamento Europeo, o día 1 de abril de 2009, no ámbito da Conferencia dedicada ao "Futuro da investigación biomédica no século XXI". Nunha entrevista exclusiva ao sitio oficial do Parlamento Europeo, o médico francés referiu que «o principal obxectivo (da investigación científica do VIH) debe ser a creación dunha vacina terapéutica, non nos debemos centrar na vacina preventiva».[5]

Notas editar

  1. Biomedicine en Universidade de Würzburg (en inglés).
  2. Definicións Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine..
  3. Biomedicine, definición no Free Dictionary (en inglés).
  4. "Biomedicina". Biomedicina Hoy. 20 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2018. Consultado o 03 de agosto de 2018. 
  5. "Luc Montagnier: Entrevista exclusiva LA UNE". Arquivado dende o orixinal o 04-03-2016. Consultado o 02/08/2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.