Beniparrell é un municipio pertencente á provincia de Valencia e á comarca da Horta Sud, na Comunidade Valenciana.

Modelo:Xeografía políticaBeniparrell
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 39°22′50″N 0°24′41″O / 39.380555555556, -0.41138888888889Coordenadas: 39°22′50″N 0°24′41″O / 39.380555555556, -0.41138888888889
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
Comarcas da Comunidade ValencianaHorta Sud Editar o valor em Wikidata
CapitalBeniparrell (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación2.074 (2023) Editar o valor em Wikidata (518,5 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie4 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude20 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataSalvador Masaroca Delhom Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal46469 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE46065 Editar o valor em Wikidata
ARGOS ID (en) Traducir46065 Editar o valor em Wikidata

Páxina webbeniparrell.es Editar o valor em Wikidata
Facebook: ajuntamentdebeniparrell Twitter: beniparrell1 Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Situado na zona de transición da Horta de Valencia á Ribeira do río Júcar. A superficie do termo é chaira. Drena o termo o barranco de Picassent. O clima é mediterráneo, producíndose as choivas no outono e primavera. O termo municipal de Beniparrell limita coas localidades de Albal, Alcàsser e Silla todas elas da Horta Sud.

Historia editar

Nas súas orixes Beniparrell era unha alquería musulmá, pero unha vez conquistado o Reino de Valencia, pasou a mans de Arnau de Romaní en agradecemento polos servizos prestados. Arnau sería señor da vila até o 1297 cando se vendeu ao convento de Portaceli, por unhas 44.000 libras. Máis tarde, en 1314 foi comprado por un cidadán de Valencia. Despois dalgúns cambios de propietario máis, finalmente volveu á liñaxe dos Romaní.

Nos últimos anos do século XIV, converteuse nunha propiedade da familia Escrivà os cales se converteron en baróns de Beniparrell. En 1600 vendéronse uns terreos aos monxes carmelitas para que construísen un convento. E foi ao redor deste onde comezou a establecerse a poboación. Durante as desamortizacións do século XIX o convento pasou a mans privadas, de novo ao barón.

Ao redor de 1850, Beniparrell constituíu o seu propio concello aínda que despois pasaría a formar parte de Albal durante un tempo, ata que de novo estableceuse como unha cidade independente. A partir deste momento a historia da vila foi ligada á do país.

Demografía editar

En 2008 tiña 1955 habitantes.

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2005 2006 2007
503 581 683 748 819 901 1.016 1.044 1.321 1.366 1.611 1.808 1.810 1.896

Economía editar

Tódolos cultivos son de regadío, sendo a laranxeira a principal produción. Cultívase tamén patacas, cacahuete, fabas, hortalizas, cereais e froiteiras. Régase con augas do Xúcar a través do Caldeirón Real e tamén con augas do subsolo. Hai varias granxas avícolas. A industria atópase vinculada á da capital da provincia (mobles, xoguetes, papel etc). Tamén hai almacéns para a manipulación da laranxa.

Monumentos editar

  • Igrexa Parroquial de Santa Bárbara, con pinturas do século XVIII.

Festas locais editar

  • Festas Maiores. Celebran as súas festas á Virxe do Carme o 15 e 16 de xullo.
  • Santa Bárbara. Celébranse do 3 ao 4 de decembro.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar