Albal é un concello do País Valenciano que se atopa na bisbarra da Horta Sud.

Modelo:Xeografía políticaAlbal
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 39°23′44″N 0°24′54″O / 39.3956, -0.4151Coordenadas: 39°23′44″N 0°24′54″O / 39.3956, -0.4151
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
Comarcas da Comunidade ValencianaHorta Sud Editar o valor em Wikidata
CapitalAlbal Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación17.024 (2023) Editar o valor em Wikidata (2.309,91 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie7,37 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude15 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónBrais de Sebaste e Santa Ana Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataRamon Mari Vila (en) Traducir (2003–2023) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal46470 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE46007 Editar o valor em Wikidata
ARGOS ID (en) Traducir46007 Editar o valor em Wikidata

Páxina webalbal.es Editar o valor em Wikidata
Facebook: AjuntamentAlbal Twitter: AjuntamentAlbal Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Albal está situado entre a Albufeira e as últimas elevacións da serra Perenchiza. O terreo en que se sitúa é a chaira de aluvión que conforma toda a comarca da Horta de Valencia. Formada polos sedimentos acumulados ao longo de millóns de anos polos numerosos barrancos de escorrentía da zona.

Esta regado polo Xúcar por medio do Caldeirón Real e do Turia por medio do de Favara, que ten o seu fin neste termo. As súas augas son repartidas a todo o termo pola Quenlla de Albal. Atópase preto do Parque Natural da Albufeira

O seu clima é mediterráneo con temperaturas suaves no inverno e no verán. A maior parte das precipitacións teñen lugar na primavera e no outono. Frecuentemente, no outono teñen lugar choivas torrenciais xeradas polo fenómeno da gota fría. Ocasionalmente prodúcense desbordamentos dos barrancos citados.

Os concellos limítrofes de Albal son Catarroja, Beniparrell, Silla e Alcàsser, todos da comarca da Horta Sud, e a cidade de Valencia.

Historia editar

A orixe do municipio remóntase á época musulmá cando foi fundada unha alquería árabe ou casa de campo da época, que recibiu o nome de Alboayal e que, en 1238, o rei Xaime I de Aragón doou a Gil d'Atrosillo, quen seis anos máis tarde, vendeuna ao cabido Catedralicio de Valencia, que conservou definitivamente o señorío.

Demografía editar

A súa poboación é de 15.084 habitantes en 2008, aínda que con tendencia á alza debido á gran cantidade de terreo en que se está edificando. A maior parte dos novos chegados son da mesma provincia.

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2005 2007
2.293 2.373 2.673 3.100 3.547 4.069 4.784 7.203 8.101 9.109 11.973 14.061 14.840

Monumentos editar

  • Ermida de Santa Anna. Edificada sobre un pequeno montículo, onde a tradición sinala que foi atopada a súa imaxe; é patroa de Albal. O edificio é amplo con arcadas oxivais, con atrio e coro alto, sendo restaurada en 1943 e en 2005. Tamén é venerado alí San Brais, patrón do pobo. A paraxe está cuberta de piñeiros, con ampla praza e fonte, sendo lugar de romaría durante as festas patronais, o 3 de febreiro e o 26 de xullo, instalándose entón postos para a venda do típico "porrat".
  • Igrexa Parroquial da nosa Señora dos Ánxeles. Construída en 1697.
  • Torre árabe.

Festas editar

As principais festas son:

  • San Brais. Celébrase o 3 de febreiro.
  • As Fallas. En marzo.
  • Santa Ana. Ten lugar o 26 de xullo.

Son típicos en festas os fogos de artificio, as misas, procesións, concertos de música, cabalgatas e verbenas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar