BellónMaceiras Quinteto
BellónMaceiras Quinteto é un grupo musical galego formado en 2007.
BellónMaceiras Quinteto | |
---|---|
Orixe | Fene, Galicia |
Período | 2007−presente |
Xénero(s) | Música tradicional galega |
Membros | Daniel Bellón Diego Maceiras Juan "Cabe" Miguel Lamas Juan Tinaquero |
Artistas relacionados | BellónMaceiras |
Traxectoria editar
Naceu en 2007 ao incorporárense Juan "Cabe", Miguel Lamas e Juan Tinaquero ao dúo BellónMaceiras, formado por Daniel Bellón e Diego Maceiras. En 2010 publicaron o seu único disco, FolkFusión.[1] Neste traballo, ademais de amosar dende un punto de vista propio algunhas culturas do mundo, tamén realizaron as súas propias composicións, mesturando a tradición xunto cos cortes máis contemporáneos da música galega. Realizaron actuacións en España e fóra dela, en lugares como Lorient, Bruxelas, Colfiorito (Italia) ou Viana do Castelo.[2]
Discografía editar
- FolkFusión (2010)
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Notas editar
- ↑ "O Bellón Maceiras Quinteto presenta o seu primeiro disco, "Folk Fusión"". 5 de abril de 2010. Consultado o 28 de abril de 2020.
- ↑ "BellónMaceiras Quinteto". Consultado o 28 de abril de 2020.