Bandeira dos guaranís

A bandeira dos guaranís (en guaraní: Guarani poyvi) é o símbolo que representa os guaranís, un pobo indíxena de América do Sur cuxa distribución tradicional é o estado actual de Paraguai, entre os ríos Uruguai e Paraguai, a Provincia de Misiones da Arxentina, o sur do Brasil, outrora até Río de Xaneiro, e partes do Uruguai e Bolivia.[1] A bandeira foi deseñada polas Autoridades da Asemblea Nacional do Pobo Guaraní (A.P.G), dirixentes dos Pobos Guaranís e o Consello Guaraní, e representa os distintos pobos guaranís existentes, como os weenhayek, os tapietes e ava guaranís. Foi adoptada en 2015 como símbolo departamental de Tarija, en Bolivia.[2][3][4] Dende 2020, é a bandeira oficial do Territorio Autónomo Guaraní Charagua Iyambae de Bolivia.

Bandeira dos guaranís
Bandeira dos guaranís
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción2015 (símbolo departamental de Tarija)
2020 (bandeira oficial do Territorio Autónomo Guaraní Charagua Iyambae)
Cores     Celeste     Verde      Marrón
Cada pobo ten tamén a súa propia bandeira, mais quixemos identificarnos primeiro con esta.
Teófilo Murillo Bayard, secretario de Pobos Indíxenas

Uso editar

Dende 2015, é izada en actos da gobernación de Tarija, a carón da bandeira de Bolivia e a bandeira departamental.[5]

En 2020, foi adoptada como bandeira oficial do Territorio Autónomo Guaraní Charagua Iyambae.

Simboloxía editar

  • A cor celeste representa a contorna, a cultura, a liberdade, o futuro, o aire, o ceo e os ríos.
  • A cor verde representa a biodiversidade, as serras, as chairas, a flora e a fauna.
  • A cor marrón representa a terra, os territorios dos pobos guaranís e os recursos naturais dos subsolos.[5]

Outras bandeiras guaranís editar

Notas editar