Símbolo vexilolóxico

Un símbolo vexilolóxico é usado polos vexilólogos para indicar certas características das bandeiras, e facilitar a súa clasificación. Os símbolos elixidos son os símbolos internacionais de identificación de bandeiras, creados por Whitney Smith. A asemblea xeral da Fédération Internationale des Associations Vexillologiques (FIAV) celebrada en Otava (Canadá) en 1981, recoñeceu este código de información, e recomendou o seu uso a todas as organizacións e individuos que a forman.[1]

Usos editar

Esta reixa foi deseñada pola FIAV para indicar especificamente o uso das bandeiras nacionais. Un punto dentro de cada unha das seis celas   indica o uso da bandeira como bandeira civil, bandeira institucional, bandeira de guerra, pavillón civil, pavillón institucional e/ou pavillón de guerra, que son os seis tipos de usos que pode ter unha bandeira nacional.

Civil Institucional Guerra
Uso terrestre bandeira civil. bandeira institucional bandeira de guerra
Uso marítimo pavillón civil pavillón institucional pavillón de guerra (ou naval)

Así, o símbolo   indica que a bandeira só pode usarse por unidades militares, xa sexan terrestres ou navais, mentres que o símbolo   indica que a bandeira é usada sempre, soamente, en terra.

Propiedades editar

Outros símbolos son utilizados para indicar outras características das bandeiras.

  Bandeira normal ou bandeira de iure
  Deseño proposto, nunca oficializado
  Deseño reconstruído con base en observacións anteriores
  Vista do reverso da bandeira
  Deseño é unha variante aceptada
  Versión alternativa da bandeira
  Bandeira de facto
  Deseños distintos no anverso e no reverso da bandeira
  Hasta debe estar á dereita do observador
  Bandeira histórica, non oficial na actualidade

Notas editar

  1. "FIAV - Código de información de bandeiras" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de setembro de 2007. Consultado o 14 de abril de 2009.