Bandeira de Vanuatu

A bandeira nacional de Vanuatu foi adoptada o 13 de febreiro de 1980.

Bandeira de Vanuatu
Bandeira de Vanuatu
Características
Uso
Proporción3:5
Adopción13 de febreiro de 1980
Cores     Vermello     Verde     Negro     Amarelo

Tras conseguir a independencia en 1980, as cores do Partido Vanua'aku (vermello, verde, amarelo e negro) foron escolleitos para ser a base da bandeira nacional. Unha comisión parlamentaria optou polo deseño final tras unhas presentacións de artistas locais.

O verde representa a riqueza das illas, o vermello é o símbolo do sangue dos homes e o negro é a cor dos habitantes orixinais de Vanuatu. O Primeiro Ministro do país solicitou a inclusión de franxas marelas para facer resaltar o negro. O amarelo con forma de Y representa a luz do Evanxeo (en Vanuatu é aproximadamente o 90% cristián).

O emblema no negro é un queiro dun xabarín -o símbolo da prosperidade que se leva como colgante nas illas-, xunto con dúas follas dun fieito local chamado namele. As súas 39 frondas representan os 39 membros da Asemblea Lexislativa de Vanuatu.

Outras bandeiras editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar