Bandeira de Namibia

A bandeira de Namibia foi adoptada o 21 de marzo de 1990. É unha bandeira dividida en dúas metades (azul a superior e verde a inferior) por unha franxa de cor vermella e bordos brancos situada nunha das diagonais da bandeira. No cuadrante superior máis próximo ó mastro aparece representado o sol con doce puntas.

Bandeira de Namibia
Bandeira de Namibia
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción21 de marzo de 1990
Cores     Azul     Branco     Vermello     Verde     Amarelo

Foi deseñada por Frederick G. Brownell, quen tamén deseñou a actual Bandeira de Suráfrica.

As cores da bandeira adoptáronse da SWAPO, o movemento popular de liberación máis importante de Namibia. As cores azul, vermella e verde tamén son as máis importantes para a etnia maioritaria, os Ovambo.

Bandeiras históricas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar