Bandeira de Castela-A Mancha

A bandeira de Castela–A Mancha é un dos símbolos representativos da Comunidade Autónoma de Castela–A Mancha, en España, definida polo seu Estatuto de Autonomía.

Bandeira de Castela-A Mancha
Bandeira de Castela-A Mancha
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción10 de agosto de 1986
Cores     Vermello      Branco      Amarelo      Azul

Historia editar

Creada xa a rexión de Castela-A Mancha en réxime de preautonomía, e antes de elaborarse o Estatuto de autonomía, os partidos políticos presentes no chamado ente preautonómico, deciden adoptar uns símbolos distintivos para a rexión. A escolla do distintivo foi obxecto de estudos e propostas. Discutíronse sete proxectos razoados na reunión da Xunta celebrada en Albacete o 11 de xaneiro de 1980, e finalmente foi elixido o presentado por Ramón José Maldonado y Cocat, heraldista manchego, académico correspondente da Historia, a cuxa obra se debe gran parte dos escudos heráldicos municipais adoptados na segunda metade do século XX na provincia de Cidade Real.

Bandeiras históricas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar