Bandeira de Andorra

A bandeira de Andorra (en catalán: Bandera d'Andorra) foi adoptada en 1866 e oficialmente o 27 de agosto de 1971. Está composta por tres franxas verticais de cores azul, amarela e vermella (en razón 8:9:8). No centro sitúase o escudo de Andorra.

Bandeira de Andorra
Bandeira de Andorra
Características
Uso
Proporción7:10
Adopción27 de agosto de 1971
Cores     Azul     Amarelo     Vermello

Descrición editar

Aínda que a versión oficial inclúe o escudo, existe a versión civil sen este, a cal é idéntica ás bandeiras de Moldavia, Chad e Romanía. O deseño oficial do escudo e a bandeira foron aprobados polo Consello Xeral de Andorra o 5 de maio de 1999.

A bandeira pode considerarse como unha fusión entre as bandeiras de España (franxas amarela e vermella) e Francia (franxas azul e vermella), países que actúan de protectores do Principado. Esta bandeira foi instituída en 1866 agregando a franxa azul á preexistente bicolor creada en 1806 en base ás cores do condado de Foix.[1] Durante o intento de Borís Skósyrev de instaurar unha monarquía persoal en Andorra en 1934, a bandeira foi investida e na franxa central instaurou unha coroa de ouro.

 
Contrución da bandeira

Outras bandeiras editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar