Banda de música de Brántega

banda de música de Brántega, Agolada

A Banda de música de Brántega foi unha agrupación musical con sede na parroquia de Brántega, no concello pontevedrés de Agolada.

Banda de música de Brántega
Banda Cultural de Brántega
Anos de actividade1864-1956 / 1982-1993 (Cultural)
EnderezoBrántega, Agolada

Historia editar

Esta banda foi fundada en 1864 e estivo composta nos seus inicios por catro mozos. Co paso do tempo, o número de compoñentes foi medrando e a dirección pasou a mans de Andrés Vilariño Porral. A división da banda en dous grupos deu como resultado a aparición da banda da Baíña en 1942. A Vilariño sucedeuno o seu fillo Raimundo e a este, José Oro Val, que tamén dirixiría a banda de Guláns anos máis tarde. Tras Oro Val, a batuta recaeu nas mans de Amadeo Agra Fernández, con quen desaparecería en 1956.

Brántega tivo que agardar preto de 30 anos para que outra agrupación levase o seu nome. Así foi como en 1982 se refunda a banda baixo a denominación de Banda Cultural de Brántega, proxecto que durou ata 1993, debido a que unha noite, desapareceron os instrumentos que estaban no local de ensaio desta agrupacion. Pero a desaparición desta banda, non foi total, xa que máis adiante, como froito da Banda Cultural de Brántega, fórmase a Banda de Música Municipal de Agolada.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar