Banda Municipal de Agolada

banda musical do concello de Agolada

A Banda de música Municipal de Agolada é unha agrupación musical con sede no lugar de Agolada, na parroquia de Ferreiroa, no concello pontevedrés de Agolada.

Banda Municipal de Agolada
PaísGalicia
Anos de actividade1993 - actualmente
EnderezoAgolada, Ferreiroa, Agolada
Sitio webhttp://bmmagolada.blogspot.com.es/

Historia editar

Fundada en 1993, está considerada como a continuación da Cultural de Brántega, desaparecida nese mesmo ano. O seu primeiro director foi José Manuel Collazo Verde, ao que seguiu en 1994 José Luis Quintás Carreira, que deixaría a batuta no 2007. Neste período viaxou a diversos puntos da Península Ibérica e gañou varios premios, a nivel provincial e galego. Nilo Jesús García Armas fíxose cargo da batuta trala marcha de Quintás, encargándose tamén da dirección da escola de música.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar