Ayelet Shaked

política israelí

Ayelet Shaked (en hebreo: איילת שקד), nada en Tel Aviv o 7 de maio de 1976, é unha política, activista e enxeñeira informática israelí. É membro da Knesset para A Casa Xudía dende 2013, e Ministra de Xustiza dende 2015. Aínda que representa a un partido relixioso, Shaked identifícase como unha política secular, é a única muller secular no seu partido. Comezou a súa carreira na industria de alta tecnoloxía de Tel Aviv, traballando como enxeñeira en Texas Instruments.[1][2] En 2010, estabeleceu o movemento extraparlamentario "O meu Israel" con Naftali Bennett e dirixiuno até maio de 2012.

Infotaula de personaAyelet Shaked

(2011) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(he) איילת שקד Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Ayelet Ben-Shaul Editar o valor em Wikidata
7 de maio de 1976 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Tel Aviv (Israel) Editar o valor em Wikidata
Minister of the Interior of Israel (en) Traducir
13 de xuño de 2021 – 29 de decembro de 2022 – Aryeh Deri (pt) Traducir →
Gabinete ministerial: thirty-sixth government of Israel (en) Traducir
Membro de Knesset
6 de abril de 2021 – 23 de xuño de 2021 – Yomtob Kalfon (pt) Traducir →
Lexislatura: 24th Knesset (en) Traducir
Membro de Knesset
16 de marzo de 2020 – 6 de abril de 2021
Lexislatura: 23rd Knesset (en) Traducir
Membro de Knesset
10 de outubro de 2019 – 16 de marzo de 2020
Lexislatura: 22nd Knesset (en) Traducir
Membro de Knesset
3 de outubro de 2019 – 10 de outubro de 2019
Lexislatura: 22nd Knesset (en) Traducir
Membro de Knesset
30 de decembro de 2018 – 30 de abril de 2019
Lexislatura: 20th Knesset (en) Traducir
22ª Justice Minister of Israel (en) Traducir
14 de maio de 2015 – 4 de xuño de 2019
← Tzipi LivniAmir Ohana (pt) Traducir →
Gabinete ministerial: thirty-fourth government of Israel (en) Traducir
Membro de Knesset
31 de marzo de 2015 – 30 de decembro de 2018 (renúncia de partido político (pt) Traducir)
Lexislatura: 20th Knesset (en) Traducir
Membro de Knesset
5 de febreiro de 2013 – 31 de marzo de 2015
Lexislatura: 19th Knesset (en) Traducir

Datos persoais
ResidenciaTel Aviv Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeIsrael Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Tel Aviv Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Xerusalén Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , informática teórica , enxeñeira Editar o valor em Wikidata
Partido políticoYamina (2019–)
New Right (en) Traducir (2018–2019)
Likud (–2012)
Lar Judaico (pt) Traducir (2012–2018) Editar o valor em Wikidata
Membro de
My Israel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa e lingua hebrea Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarSarxento Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm5467851 Facebook: ayelet.benshaul.shaked Twitter: Ayelet__Shaked Instagram: ayelet.shaked Telegram: ayeletshaked1 Youtube: UC-ITl-g2OKbLYl4DOyijRYw Editar o valor em Wikidata

En 2015 incorporouse ao goberno presidido por Benjamin Netanyahu como ministra de Xustiza[3]. Nesta responsabilidade deu cobertura legal aos asentamentos de colonos xudeus nos territorios ocupados de Cisxordania[4]. Tamén foi polémica a lexislación que impulsou para obrigar ás organizacións non gobernamentais a facer públicas as doazóns recibidas no estranxeiro[5].

É considerada unha das lexisladoras máis activas e influentes de Israel, iniciou e redactou leis, ademais das devanditas, a lei integral contra o terrorismo, unha versión da proposta de lei básica sobre Israel como a nación-estado do pobo xudeu, así como unha lei que limita os poderes do Tribunal Supremo de Israel. En opinión de Haaretz, considerada como unha potencial futura primeira ministra, "está preparada para ser a política israelí máis exitosa de Israel dende Golda Meir"[6].

En 2019, estabeleceu o partido Nova Dereita xunto con Bennett. Mais, nas eleccións lexislativas de 2019 erran no seu obxectivo de acadar representación parlamentaria[7], mais na repetición electoral de xaneiro de 2020 consegue ser escollida dentro dos seis membros da Knesset do seu partido[8].

A crise política que Israel viviu entre 2019 e 2021 saldouse con catro repeticións electorais e bloqueos parlamentarios que impediron formar maiorías que sostiven un executivo. Finalmente, as forzas opositoras a Netanyahu, entre as que está a formación de Ayelet Shaked, logrou un pacto que incorporará ao goberno a unha coalición diversa de partidos (dende a extrema dereita ata representantes da minoría árabe) e que fará que o cargo de Primeiro Ministro rote entre Bennett e Yair Lapid, progresista. En xuño de 2021 foi nomeada ministra de Interior[9].

Notas editar

  1. Talks with a Tel Aviv Settler Haaretz, 22.06.2012
  2. Meet the most surprising candidate of "Jewish Home" NRG 11/26/2012
  3. Rudoren, Jodi (2015-05-15). "Ayelet Shaked, Israel’s New Justice Minister, Shrugs Off Critics in Her Path". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2021-06-14. 
  4. "Justice Minister: Remove legal ambiguity from settlements". Ynetnews (en inglés). 2015-07-21. Consultado o 2021-06-14. 
  5. "Israel passes law to force NGOs to reveal foreign funding". the Guardian (en inglés). 2016-07-12. Consultado o 2021-06-14. 
  6. "Who’s afraid of Ayelet Shaked? Meet the secular Jewish nationalist who could be Israel’s prime minister". Haaretz.com (en inglés). Consultado o 2021-06-14. 
  7. Magid, Jacob. "How did 2 of Israel’s most prominent ministers end up outside the 21st Knesset?". www.timesofisrael.com (en inglés). Consultado o 2021-06-14. 
  8. Wootliff, Raoul. "Elections Committee publishes final results, hands them to president". www.timesofisrael.com (en inglés). Consultado o 2021-06-14. 
  9. staff, T. O. I. "Who’s who in the Bennett-Lapid government". www.timesofisrael.com (en inglés). Consultado o 2021-06-14. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar