Tzipi Livni

política israelí

Tzipora Malka (Tzipi) Livni (en hebreo ציפורה מלכה "ציפי" לבני), nada en Tel Aviv o 5 de xullo de 1958, é unha política israelí.

Infotaula de personaTzipora Malka Livni
Nome orixinal(he) ציפי לבני Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xullo de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Tel Aviv
Cargos
Ex-Ministra de Asuntos Exteriores e Presidenta do Kadima dende o 2008
Datos persoais
ResidenciaTel Aviv Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeIsrael Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Bar-Ilan (pt) Traducir
Ironi Alef High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Xerusalén
Universidade de Tel Aviv Editar o valor em Wikidata
OcupaciónPolítica
EmpregadorMossad Editar o valor em Wikidata
Partido políticoKadima
LinguaLingua inglesa, lingua francesa e lingua hebrea Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarForças de Defesa de Israel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarprimeiro tenente (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
Participou en
22 de xaneiro de 2019World Economic Forum Annual Meeting 2019 (en) Traducir
21 de xaneiro de 2015World Economic Forum Annual Meeting 2015 (en) Traducir
22 de xaneiro de 2014Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014 Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisEitan Livni Editar o valor em Wikidata  e Sara Livni (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webtzipilivni.co.il Editar o valor em Wikidata
Facebook: tzipilivni Twitter: Tzipi_Livni Instagram: tzipilivni Youtube: UC6ulJS0x_LIS9HG3FWHwQaQ Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Tzipi (pronunciado Tsipi) Livni é filla de Eitan Livni, un inmigrante polaco que participou no movemento sionista coma comandante do Irgún, e que tamén chegou no seu momento a ser membro da Knesset polo Likud, e Sarah Rosenberg, tamén oficial do Irgún.

Livni foi tenente no Tzahal (Forzas de Defensa Israelís) e membro do Mossad. Está diplomada en Dereito pola Universidade de Bar Ilan na especialidade de Dereito Público e Mercantíl, e exerceu durante varios anos coma avogada. Na actualidade reside en Tel Aviv co seu esposo, o publicista Naftalí Shpitzer, e os seus dous fillos, un deles soldado na Mariña e outro estudante.

É vexetariana dende os doce anos, defensora dos animais, xogou ao baloncesto no equipo Elizur Tel Aviv [1], toca a batería [2] e conta cun coeficiente intelectual de 140.

Etapa no Mossad editar

No 1980, cando contaba con vinte e dous anos de idade, Livni ingresou no servizo de espionaxe israelí, o Mossad, onde foi recrutada por unha amiga de infancia, Mira Gal, que entón traballaba coma axente e a día de hoxe é a súa xefa de gabinete. Nel permaneceu ata o 1984, estando destinada en París.

Nesa época o Mossad mantiña na capital francesa dous centros, dende os que se levaban a cabo operacións contra as faccións palestinas operativas na cidade, así coma contra os intentos de Saddam Hussein por acadar armanento nuclear, se ben non transcendeu o contido das tarefas que levou a cabo durante ese período.

Livni abandonou o Mossad ao contraer matrimonio [3].

Traxectoria política editar

Até o 18 de xullo de 2008 foi a Ministra de Asuntos Exteriores e Viceprimeira ministra. É a segunda muller, tras Golda Meir, en ocupar a carteira de Exteriores. Figura emerxente da política non só israelí, estaba xa considerada o número dous do Goberno, tras o ex-primeiro ministro Ehud Olmert.

Inicios editar

Desde que conseguiu o seu escano na Knesset polo Likud no ano 2001, desempeñou diversas carteiras ministeriais, como a de Agricultura, a de Cooperación Rexional e a de Inmigración. Desde o 10 de xaneiro de 2005 ocupou o cargo de Ministra de Xustiza. Moi valorada tanto pola esquerda como pola dereita israelí, Livni recibiu o premio "Goberno de Calidade" do ano 2004 [4], galardón que se outorga á figura máis destacada no seu exercicio.

Livni apoiou sen fisuras o plan de retirada unilateral israelí da franxa de Gaza, unha iniciativa proposta e aplicada por Ariel Sharon, e estaba xa daquela considerada coma unha das principais líderes centristas do Likud. A miúdo tivo que mediar entre os elementos máis extremos dentro do seu propio partido, e gañou gran popularidade por mor dos seus esforzos por conseguir que a Knesset aprobase a retirada de Gaza. O 12 de novembro de 2005 foi a primeira política da dereita israelí que participou na conmemoración oficial do décimo aniversario do asasinato de Isaac Rabin [5].

Traxectoria no Kadima editar

O 20 de novembro de 2005, Livni seguiu os pasos de Ariel Sharon, saíndo do Likud e uníndose ao seu novo partido centrista, o Kadima. Tras o derramo cerebral que sufriu Ariel Sharon o 4 de xaneiro de 2006, que o deixou incapacitado para seguir no cargo, algúns especularon con que Livni podería ser a nova presidenta do Kadima. Con todo, foi Ehud Olmert finalmente o elixido para liderar o partido, aínda que non tiña nin o carisma nin a popularidade de Livni. Tras formar un novo goberno en marzo de 2006, Olmert nomeou a Livni Viceprimeira Ministra e Ministra de Asuntos Exteriores, o que a converteu na número dous do goberno encabezado por Olmert. O 30 de xullo do 2008 e tras o anuncio do primeiro ministro, Ehud Olmert de non presentarse ás internas do Kadima, Livni presentouse ás mesmas

Primarias no Kadima editar

Livni resultou gañadora desas primarias [6], aínda que por só 431 votos de diferenza (1,1%) sobre o outro candidato, o Ministro de Transportes Saúl Mofaz. O resultado final foi de 16.936 votos (43,1%) para Livni, fronte a 16.505 (42%) para Mofaz, nunhas votacións marcadas pola baixa participación, posto que só o 53,7% dos 74.000 militantes do Kadima acudiron ás urnas.

Intento de formar goberno editar

Logo da súa vitoria, o presidente Simón Peres deulle un prazo de 42 días para formar Goberno [7], no cal chegou a un acordo co partido laborista tras dúas semanas de negociacións. Ambos partidos aglutinan corenta e oito deputados dos cento vinte da Knesset, co que para achegarse á maioría, nos 61, intentou pactar co partido ultraortodoxo sefardí Shas, que conta con doce escanos na cámara [8]. Finalmente o Shas rexeitou entrar no Goberno, forzando unha convocatoria anticipada de eleccións xerais [9] que, se celebraron o 10 de febreiro do 2009.

Aínda que o Kadima obtivo 28 escanos[10], un máis que o Likud, finalmente foi o líder desta última formación, o antigo primeiro ministro Benjamin Netanyahu, o encargado de formar goberno. A razón foi que a dereita nacionalista de Likud, Shas e Israel Beitenu sumaban máis escanos e rexeitaban colaborar con Kadima[11] e os laboristas decidiron sumarse á coalición dirixida por Netanyahu[12].

Para as lexislativas de 2015, o laborista Isaac Herzog propuxo ás formacións centristas e seculares Kadima e Hatnuah (excisión da anterior) unha coalición xunto cos laboristas. A proposta foi aceptada e Herzog e a líder de Kadima, Tzipi Livni, fixeron público o acordo: a Unión Sionista, nome da coalición, tiña como albo evitar un novo triunfo de [13]. Durante a campaña a Unión Sionista procurou atender o descontento polos problemas sociais (aumento da pobreza, carestía da vivenda, por exemplo) fronte a Netanyahu, centrado na [14]. As enquisas parecían apoiar a estratexia da Unión Sionista abrindo posibilidades a un cambio [15]. Con todo, o resultado electoral saldouse co Likud de Benjamin Netanyahu en primeira posición, revalidando a xefatura do goberno. En 2018, tras non conseguir revalidar a súa condición á fronte do laborismo, Herzog retirouse da Knesset e Livni pasou entón a exercer como líder da opoisición[16].

En 2019, antes das novas eleccións xerais, o laborismo desvinculouse da Unión Sionista[17]. Livni presentouse a esas eleccións nas listas de Hatnuah, sen conseguir representación.

Notas editar

  1. Del Mossad a la jefatura del Gobierno, en elmundo.es
  2. La ex espía que quiere gobernar
  3. Tzipi Livni. Sus enigmáticos años como agente secreto israelí
  4. Biografía en Ynet
  5. "Rinden miles homenaje a Isaac Rabin". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 30 de setembro de 2008. 
  6. Tzipi Livni obtiene la victoria en las elecciones internas del Kadima
  7. "Tzipi Livni recibe el encargo de formar un nuevo goberno". Arquivado dende o orixinal o 27/09/2008. Consultado o 30/09/2008. 
  8. Livni da el primer paso firme para convertirse en primera ministra
  9. "Peres convocará a elecciones nacionales". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2008. 
  10. "Elecciones Israel: ¿A quién felicitar?". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2012. Consultado o 10 de xullo de 2012. 
  11. "Netanyahu sworn in as Israel's prime minister". Haaretz.com (en inglés). Consultado o 2021-06-20. 
  12. "Barak's Labour party votes to join Netanyahu coalition". France 24 (en inglés). 2009-03-24. Consultado o 2021-06-20. 
  13. https://www.lemonde.fr/proche-orient/article/2014/12/10/israel-livni-et-les-travaillistes-s-allient-contre-netanyahou_4538184_3218.html
  14. https://www.igadi.gal/web/publicacions/igadipaper/igadipaper-no152
  15. https://www.timesofisrael.com/final-polls-before-elections-give-herzog-4-point-lead/
  16. "Tzipi Livni named opposition leader after Herzog's departure". Haaretz.com (en inglés). Consultado o 2021-06-11. 
  17. "Gabbay shocks Livni on live TV, kicks her out of Zionist Union". The Jerusalem Post. 1-1-2019. Consultado o 11-6-2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar