Avaliación ambiental estratéxica

A Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE) ou avaliación de plans e programas, como tamén se coñece no ámbito da Unión Europea, é unha eiva técnica e administrativa que ten como obxectivo a integración dos valores e os criterios medioambientais á hora de deseñar, aprobar e validar os diferentes plans e programas que potencialmente teñen efectos significativos para o medio ambiente. Ten un carácter puramente preventivo e anticipativo, permitindo incorporar adecuadamente os condicionantes ambientais en función das diferentes decisións estratéxicas adoptadas. Estes programas de avaliación son a base dos marcos ambientais empregados para os plans e proxectos derivados del que sexan precisos executar posteriormente.

O lago das Pontes, construído de xeito artificial sobre os restos dunha mina a ceo aberto nas Pontes de García Rodríguez, precisou dunha AAE para a súa reaización.

As distintas normativas que regulan o procedemento de AAE teñen como obxectivo promover un desenvolvemento sustentable, acadar un elevado nivel de protección do medio e contribuír á integración dos aspectos ambientais na preparación e adopción de plans e programas, mediante a realización dunha avaliación ambiental estratéxica daqueles que poidan ter efectos significativos sobre o medio.

Tendo en conta as dúas consideracións precedentes, o proceso definido pola AAE obriga a ter en consideración os previsibles efectos ambientais dos plans e programas, ao mesmo nivel que os económicos e sociais.

Unha avaliación medioambiental estratéxica con resultado desfavorable recomendaría a non realización do proxecto, de xeito que o impacto medioambiental considérase inaceptable fronte ao beneficio estratéxico.

Avaliación Ambiental Estratéxica en Galicia editar

 
Manifestación en Carballo contra o proxecto da mina de Corcoesto, Cabana de Bergantiños, no 2013, e que contou con AAE desfavorables.

A avaliación do impacto ambiental en Galicia vén recollida no artigo 5 da Ley 1/1995 de Protección Ambiental de Galicia[1], e ha de ser levada a cabo e todas os proxectos con repercusións ambientais significativas ou que afecte a hábitats sensibles.

Con base nunha documentación inicial entregada polo promotor, o órgano ambiental elabora un documento de referencia no que determina as variables e criterios de sostibilidade que serán a base para a análise das alternativas propostas e para a avaliación dos efectos da alternativa finalmente seleccionada.

O Informe de Sostibilidade Ambiental (ISA), deberá recoller o estudo das posibles alternativas mediante a súa confrontación cos criterios establecidos e xustificar a selección da alternativa que finalmente se consolide como proposta de planeamento.

A participación xoga un papel fundamental na AAE. O plan xunto co seu ISA correspondente serán sometidos ao proceso de participación e consultas establecido no documento de referencia. O resultado de dito proceso recollerase nun relatorio sobre a participación e consultas no que se describa o procedemento seguido e se xustifique como se toman en consideración as observacións e alegacións realizadas, así como os informes sectoriais recibidos.

Realizadas as consultas e con carácter previo á aprobación provisional, remitiranse ao órgano ambiental o documento proposta de planeamento, do que forma parte o ISA; o informe sobre a participación e as consultas, xunto coas copias dos informes sectoriais emitidos; e unha proposta de memoria ambiental.

Con esta información, o órgano ambiental redactará a memoria ambiental, a través da cal validará o procedemento de avaliación ambiental estratéxica, podendo establecer determinacións que deberán quedar recollidas no plan finalmente aprobado.

O plan ou programa aprobado porase a disposición do órgano ambiental, das administracións públicas consultadas e do público afectado, xunto coa documentación especificada no artigo 14 da Lei 9/2006.

Finalmente, o órgano promotor é responsable de realizar un seguimento dos efectos na sostibilidade da aplicación do plan ou programa, no que poderá participar o órgano ambiental.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar