A auga carbonatada é auga que contén ácido carbónico (H2CO3) que, ao ser inestable, se descompón facilmente en auga e dióxido de carbono (CO2), o cal sae en forma de burbullas cando a bebida se despresuriza. Cando ten un maior contido de minerais, por provir de desxeo, é denominada auga mineral gasificada; se se obteñen os minerais artificialmente denomínaselle auga gasificada artificialmente mineralizada.

Vaso de auga carbonatada no que xse aprecian as burubullas de dióxido de carbono.

Historicamente, as primeiras augas carbonatadas preparábanse engadindo bicarbonato de sodio á limoada. Unha reacción química efervescente entre o bicarbonato de sodio e o ácido cítrico do limón produce dióxido de carbono que se libera en forma de gas (de aí a efervescencia).

Os farmacéuticos eran quen as preparaban. Pero pronto se expenderon en hoteis e restaurantes. Eran chamadas tamén sodas refrescantes, pos refrescantes ou pos gasíferos. Na actualidade refírense a estes pos como "auga de litines" (neoloxismo de Lethines).

Estes sobres proporcionaban unha auga alcalina e con litio, que se consideraba beneficioso con propiedades na curación de varias enfermidades.

De maneira industrial a auga carbonatada prepárase engadindo ácido carbónico e dióxido de carbono nunha reacción exótermica en tanques de almacenamento a presión para que non exista despresurización e disociación dos minerais. Deste proceso, sae como residuo carbonato de calcio.

Polo xeral, a auga carbonatada consómese combinada con bebidas alcohólicas coma whisky, Campari, xenebra ou viño, aínda que hai persoas que a adoitan consumir por si soa. Tamén se emprega para, engadíndolle saborizantes, producir diversas bebidas carbonatadas.

Química editar

A auga con dióxido de carbono produce un equilibrio químico co ácido carbónico:

H2O + CO2 <---> H2CO3
H2CO3 <---> H+ + HCO3-
HCO3- <---> H+ + CO3-2=

Actualidade editar

 
Botella de sifón (contra 1922).

Actualmente, a auga carbonatada manufactúrase pasando dióxido de carbono presurizado pola auga nun proceso coñecido como carbonación. Isto incrementa a solubilidade. Por exemplo, nun recipiente con auga a alta presión disólvese máis CO2 que baixo condicións atmosféricas normais. Cando se reduce a presión, por exemplo ao abrir a botella, o gas disóciase da solución, creando as burbullas características.

Nalgúns países a lexislación prescribe que se identifique a presentación da auga carbonatada con algún elemento que a distinga da auga sen carbonatar. Un exemplo constitúeo o caso de Chile, onde a cor da tapa do envase determina se a auga embotellada é carbonatada ou non; así tense por exemplo:

  • Vermello = auga non gasificada.
  • Azul = auga gasificada.
  • Verde = auga semigasificada (50 %).

Usos editar

As formas máis populares de auga carbonatada son as saborizadas, e chámaselles comunmente gasosas ou refrescos (aínda que este nome tamén se aplica ás que non son gasificadas). Estas véndense amplamente en todo o mundo.

Por outra banda, a auga carbonatada considérase útil para eliminar manchas, por exemplo, de café ou da prata. Un método comunmente usado para evitar as manchas de viño tinto é esparexer sal na mancha e despois aplicar unha cantidade xenerosa de auga carbonatada.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar