Aser Álvarez
cineasta e xornalista galego
Aser Álvarez González, nado en Bande o 20 de xuño de 1976, é un cineasta e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xuño de 1976 (47 anos) Bande, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | produtor de cinema , xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Licenciado en Ciencias Políticas e Xornalismo e especialista en Comunicación Audiovisual. Mestrado de Xornalismo de El País.[1] Foi redactor e guionista na TVG e na Cadena Ser. Gañou o premio ao mellor documental radiofónico no I Open Radio do Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona. Dirixe Arraianos Producións[2] e Ficrural. É membro da Academia Galega do Audiovisual e da Academia Española das Ciencias e das Artes da Televisión.
En 2019 dirixiu e presentou Anacos de vida na TVG: A Illa de Arousa, A Estrada, Maceda, Cambados, Carral, Bueu, Santa Comba, Guntín, Noia, foron os lugares escollidos.[3]
Filmografía editar
- 100 % CEF (2012). Unha biografía de Celso Emilio Ferreiro, protagonizado por Luís Tosar e Premio Mestre Mateo ao Mellor Documental en 2013.
- Traballo animal (2014). Realizado por Plácido Romero e Aser Álvarez, premio especial do xurado no Minidoc.[4]
- Carlos Velo en México (2015).
- Looking for Bill Viola (2015). Con alumnado do IES de Celanova.[5]
- Aquel neno chamado Xosé Neira Vilas (2015).[6]
- Sísifo Confuso. Traballos e días de Francisco Leiro (2016).[7]
- O Purgatorio de Leiro (2016).[8] Segunda parte de Sísifo Confuso.
- El origen del Camino de Santiago (2021).
- Compostela rupestre (2021).[9]
- Ferrín Arraiano (2022).[10]
- Florencio Delgado Gurriarán do A ao Z (2022)
- Xosé Velo. O libertador ibérico (2022)
- O Camiño de Prisciliano. Tralas pegadas de Ramón Chao. (2023)[11][12][13]
Libros editar
- Sísifo confuso. Traballos e días de Francisco Leiro (2019). Arraianos Producións SL. 48 páxs. ISBN 978-84-09-02371-4.
- Xela Arias sen fronteiras. Fotobiografía sonora (2021). Arraianos Producións SL. 47 páxs.
- Xosé Velo. Textos escollidos (2022). Arraianos Producións SL. 47 páxs. ISBN 9788484575061. Con Lois Codías.
- Xosé Velo. Sen fronteiras. Fotobiografía sonora (2023). 43 páxs.
- O camiño de Ramón Chao. Tralas pegadas de Prisciliano (2023). Arraianos Producións SL. 47 páxs.
Libros colectivos editar
- Galicia rural. Un debate contemporáneo sobre o rural en Galicia. Mundiprensa. ISBN 9788449115561.
Premios editar
- Premio Mestre Mateo ao Mellor Documental en 2013.
- CINEUROPA[14]
- Panorama Audiovisual Galego por Compostela Rupestre
- Panorama Audiovisual Galego por El origen del Camino de Santiago
- Panorama Audiovisual Galego por Ferrín Arraiano
- Panorama Audiovisual Galego por Florencio Delgado Gurriarán do A ao Z
- Panorama Audiovisual Galego por Xosé Velo. O libertador ibérico
Notas editar
- ↑ "Aser Álvarez González, autor en Frontera Digital". Frontera Digital (en castelán). 2022-02-03. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2023. Consultado o 2023-06-14.
- ↑ "QUEN SOMOS - Arraianos Produccións". www.arraianos.com. Consultado o 2023-06-14.
- ↑ "Anacos de vida CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-10-01.
- ↑ "Traballo animal – Asociación Galega de Productoras Independientes". Consultado o 2023-06-14.
- ↑ https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2015-09-06). "Respuesta a la búsqueda de Bill Viola". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-06-14.
- ↑ Cultura, Secretaría Xeral de. "Nova: A Fundación Neira Vilas recorda o escritor no segundo aniversario do seu pasamento Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2023-06-14.
- ↑ "Sísifo confuso. Traballos e días de Francisco Leiro". Festival Primavera do Cine (en castelán). Consultado o 2023-06-14.
- ↑ La Voz de Galicia (2018-11-16). "O «Purgatorio» de Leiro chega a Bilbao". La Voz de Galicia. Consultado o 2023-06-14.
- ↑ Redacción (2021-04-09). "Compostela rupestre, un vídeo para defender un tesouro". GCiencia. Consultado o 2023-10-01.
- ↑ "Ferrín arraiano CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-10-01.
- ↑ Rodríguez, Ana (2023-01-17). "Tras las huellas de Ramón Chao y Prisciliano". elperiodicodeespana (en castelán). Consultado o 2023-06-14.
- ↑ SER, Cadena. "SER Podcast: Escucha los episodios de Ramón Chao, Prisciliano e Aser Álvarez". cadena SER (en castelán). Consultado o 2023-06-14.
- ↑ "O Camiño de Prisciliano e Ramón Chao - Arraianos Produccións". www.arraianos.com. Consultado o 2023-06-14.
- ↑ "Aser Álvarez". filmin.