As vodas de Fígaro

As vodas de Fígaro é unha comedia de Pierre-Augustin de Beaumarchais escrita en 1778 en lingua francesa co título de La Folle Journée, ou Le Mariage de Figaro. A primeira representación, logo de varios anos de censura, foi o 27 de abril de 1784 no Théâtre de l'Odéon.

As vodas de Fígaro
Capa da primeira edición
Título orixinalLa Folle Journée ou
Mariage de Figaro
Autor/aPierre-Augustin de Beaumarchais
OrixeFrancia
LinguaLingua francesa
Galego
Xénero(s)Teatro
EditorialFrancia
Galicia Edicións Xerais
Data de pub.Francia 1778 (estreada no théâtre de l'Odéon o 27 de abril de 1884)
Galicia 1994 (estreada no Teatro Principal de Santiago de Compostela o 8 de febreiro de 1994)
FormatoTapa branda
PáxinasGalicia 112
ISBNGalicia ISBN 978-84-453-1417-3
Precedido porLe Barbier de Séville
Seguido porLa Mère coupable
TraduciónEduardo Alonso e Cándido Pazó
editar datos en Wikidata ]

Na obra aparecen os personaxes principais de Le Barbier de Séville ou la Précaution inutile (1775): o barbeiro, Fígaro, o Conde Almaviva e Rosina a Condesa. Bartolo, outro personaxe esencial de Le Barbier, xoga nesta obra un rol máis secundario. Unha terceira obra pechou a triloxía en 1792: L'Autre Tartuffe ou la Mère coupable. Dous anos despois da primeira representación a obra foi adaptada como ópera buffa por Mozart e Lorenzo da Ponte baixo o título de Le nozze di Figaro.

Obra destacada do teatro francés e internacional, está considerada como un dos símbolos que precederon a Revolución francesa pola súa denuncia dos privilexios arcaicos da nobreza. Un dos momentos fortes da peza é o monólogo de Fígaro (acto V, escena 3), o máis longo da historia do teatro francés, unha pasaxe que resume as queixas acumuladas contra a nobreza, encarnada polo conde Almaviva:

Porque vós sodes un gran Señor, vós credes ser un gran xenio!... Nobreza, fortuna, un rango, lugares: todo iso fai tan orgulloso! Que fixo para tantos bens? Vós tomáchedes a molestia de nacer, e nada máis...

Trama editar

Acto I editar

 
O personaxe de Fígaro.

Escena 1

É a mañá do día da voda entre Susana e Fígaro, que serven no pazo do Conde. Mentres fan proxectos para axeitar a súa futura habitación, Susana revélalle que o Conde anda detrás dela, nun modo de reclamar o dereito de pernada que xa fora abolido. Fígaro comprende así por que o Conde quere darlle un traballo lonxe do pazo, e cavila sobre como amolar ao Conde e levar adiante a voda esa mesma noite.

Marcelina, que bebe as augas por Fígaro, pídelle axuda a Bartolo para amolar a voda, intentando divulgar a chantaxe do Conde sobre Susana pensando que así esta non poderá rexeitar ceder á presión do Conde e que deste modo se anulará a voda. Susana chega á habitación e mófase da idade de Marcelina.

Querubín anuncia a Susana que o Conde o despediu e que está tolamente namorado da Condesa, mais que agora non a poderá ver, polo que lle pide como recordo unha fita coa que a Condesa recolle o cabelo. Nese momento chega o Conde á habitación, e Susana esconde a Querubín. O Conde insiste en ligar con ela, pero nese momento chega Basilio e debe esconderse tamén. Basilio, pensando que está só con Susana, di que o paxe Querubín anda detrás da Condesa. O Conde indígnase, e ao explicar por que estaba escondido descobre ao Querubín na cama de Susana, polo que o bota de malas maneiras. Entran en escena Fígaro e a Condesa, e esta convence ao Conde para que non bote ao Querubín; o Conde accede a non despedilo, pero dispón que marche de inmediato cun exército seu a Cataluña.

Acto II editar

Na habitación da Condesa, Susana informa á súa ama do interese de Querubín por ela. Chega Fígaro e expón un plan para enganar ao Conde: mandoulle unha nota anónima dicíndolle que a Condesa terá unha cita cun galán esa noite, e pídelle a Susana que á súa vez lle propoña unha cita ao Conde.

Fígaro vai entón buscar o paxe, quen, vestido de oficial e coa cédula na man (non selada, remarca a Condesa), queda coas dúas mulleres. Cántalle un romance de despedida á Condesa, nunha escena inspirada nun cadro de Louis Michel van Loo. Ela, emocionada coma el, e aínda máis ao descubrir no brazo do paxe a fita roubada, manchada de sangue por unha ferida. Ela vólvella coller, finxindo indiferenza; ao mesmo tempo, o Conde peta na porta pechada con chave. Querubín corre a pecharse no cuarto de baño, pero tira unha cadeira. A Condesa, asustada, finxe que se trata de Susana, e o marido celoso ordena a esta, evidentemente sen éxito, que se mostre; despois el marcha furioso coa Condesa para atopar algo con que forzar a pechadura, logo de pechar previamente con dúas voltas a habitación onde Susana puido agocharse.

Ela abre entón a Querubín, quen salta pola fiestra, e ela ocupa o sitio del. Regresan o Conde e a Condesa, quen remata por confesar todo e por dar ao Conde a chave do cuarto de baño. Estupor: «É Susana!». O Conde, avergoñado, implora o perdón da súa esposa, quen, recuperándose pouco a pouco, finxe querer castigar os seus celos. O Conde carga o seu mal humor sobre Fígaro.

Daquela chega o xardineiro Antón cun xerro de alelís esmagados na man e a cédula de Querubín, que este perdera no salto. Pero Fígaro salva a situación por pouco: di que foi el quen saltou pola fiestra, e gardou a cédula para poñerlle o selo... De mal xenio, o Conde verifícao e debe dobregar. Unha vez máis, unha multitude invadiu a escena, con Marcelina que vén reclamar os seus dereitos sobre Fígaro. Basilio, intimidado polo Conde, é enviado á aldea para buscar os axentes da xustiza. Ao quedar solas, a Condesa e Susana recapacitan: imposible, a partir de agora, enviar a Querubín á cita. É entón a Condesa, quen, baixo a aparencia de Susana, irá ela mesma, mais non dirán nada a Fígaro.

Acto III editar

A «sala do Trono», que serve de sala de audiencias ao gran corrixidor. Consternación do Conde, que se sente burlado por todos lados. Convocou a Fígaro para tratar, polo menos, de saber se está ao tanto da súa maquinación con Susana. Hai un diálogo agridoce entre os dous homes e entre os seus gardas. Fígaro búrlase do Conde (monólogo de rabia, que versa sobre a política) quen cre, non obstante, que descubriu as súas intencións: «Vexo que está todo dito; vai casar coa rapaza». Pero Susana cambia a situación prometendo ao Conde a cita tan esperada, a cambio do cal desestimará a Marcelina.

Pero unha palabra de máis de Susana a Fígaro revela ao Conde toda a manobra, e decide vingarse. Esperando, Marcelina e Fígaro tratan de explicar o seu caso a Picapolos, o xuíz asesor de Almaviva, un home tatexo e serio. O proceso comeza. Bartolo, nomeado avogado de Marcelina, e Fígaro discuten longamente sobre os termos (e/ou, ou/onde...) da promesa de matrimonio; o Conde atalla finalmente o asunto, ordenando a Fígaro pagar a Marcelina ou desposala. Na desesperación, Fígaro, fillo de pais descoñecidos, proclámase xentilhome co obxectivo de librarse do veredicto. Isto resulta ser un golpe de efecto, pois os seus «pais nobres» resultan ser en realidade Marcelina e Bartolo, quen rexeita obstinadamente casar coa nai do seu fillo. Marcelina profire entón unha violenta denuncia da crueldade masculina e cae nos brazos de Fígaro. Susana, que chega co diñeiro doado pola Condesa, cre ser traizoada, pero o malentendido aclárase, o Conde enfurécese e Bartolo dobrega.

Acto IV editar

Unha galería do castelo. Diálogo con brincadeiras filosóficas e amorosas entre os dous prometidos. A Condesa relanza o xogo ditando a Susana, ás costas de Fígaro, unha tarxeta dándolle unha cita ao Conde. Unha imprudencia do Querubín, que chega disfrazado de muller entre unha tropa de aldeáns, e rapidamente recoñecido, volve á confusión do señor do cal as vistas sobre Fanchette son reveladas a todos. A cerimonia decidida no acto por fin se celebra, pero Fígaro divisa ao Conde coa tarxeta entre as mans; unha indiscreción de Fanchette indícalle a hora e o lugar da cita. Marcelina trata de tranquilizar o seu fillo ebrio de celos, que querería agora romper todo.

Acto V editar

Axudado polo pouco escrupuloso Basilio, o Conde faille a Susana propostas cada vez máis explícitas. O Conde debe entón facer fronte a unha coalición (a condesa, Fígaro e Susana) que remata triunfando sobre el. Ridiculizado no momento dunha cita galante que era de feito unha trampa, axeónllase diante da súa esposa e pídelle perdón diante de todo o pobo reunido, mentres que Fígaro casa finalmente con Susana.

Personaxes editar

  • O Conde Almaviva, corrixidor de Andalucía. Home libertino e celoso.
  • Rosina, a Condesa, esposa do Conde, virtuosa e non correspondida no amor polo seu home.
  • Fígaro, axuda de cámara do Conde e porteiro do pazo.
  • Susana, camareira da Condesa e prometida de Fígaro.
  • Querubín, paxe do Conde, mociño galopín pero moi tímido coa Condesa.
  • Perico, monteiro do Conde
  • Bartolo, doutor de Sevilla, pai de Fígaro.
  • Antón, xardineiro do pazo, tío de Susana e pai de Fanchette.
  • Basilio, mestre de música da Condesa.
  • Marcelina, vella gobernante da Condesa.
  • Xuíz Picapolos, home tatexo e serio.

Adaptacións editar

En 1786 foi adaptado ao formato de ópera buffa por Wolfgang Amadeus Mozart con libreto en italiano de Lorenzo da Ponte, co título de Le nozze di Figaro.

A tradución ao galego de Eduardo Alonso e Cándido Pazó foi levada a escena por Teatro do Noroeste en concerto co IGAEM, con dirección do propio Eduardo Alonso e representada por Xavier Estévez (Fígaro), Inma António (Susana), Xosé Vilarelle (doutor; Antón), Luma Gómez (Marcelina; Perico), Raúl Varo (Querubín), Ernesto Chao (conde), Diego Varela (Basilio; xuíz) e Belén Constenla (Condesa). Foi estreada o 8 de febreiro de 1994 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Nesta adaptación a peza ten catro actos, en vez dos cinco da obra orixinal.

En Francia a obra foi dirixida por Jean Meyer (1969-1982), Jean-Pierre Vincent (1987), Christophe Rauck (2007), Jean Liermier (2012) e Henri Lazarini (2012). Amais, foi levada ao cinema e televisión por Jean Meyer (1959), Marcel Bluwal (1961), Pierre Badel (1981) e Roger Coggio (1989).

A pesar de que o rei Lois XVI de Francia prohibira a obra, a raíña María Antonieta de Austria organizou unha representación privada no castelo de Genevilliers, con ela mesma no papel de Susana e o seu cuñado o conde de Artois no papel de Fígaro.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar