Louis Michel van Loo

pintor francés

Louis Michel van Loo, nado en Toulon o 2 de marzo de 1707 e finado en París o 20 de marzo de 1771, foi un pintor francés.

Louis Michel van Loo
Nacemento2 de marzo de 1707
Lugar de nacementoToulon
Falecemento20 de marzo de 1771
Lugar de falecementoParís
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónpintor, portraitist e director de escola
PaiJean-Baptiste van Loo
IrmánsFrançois van Loo e Amédée van Loo
Coñecido porA família de Filipe V (1743)
PremiosPrix de Rome e resident at the Villa Medici
editar datos en Wikidata ]
Louis Michel van Loo, Louis Michel van Loo pintando o retrato de seu pai Jean-Baptiste van Loo, 1762, Palacio de Versalles.
Louis Michel van Loo, Louis XV, rei de Francia e de Navarra, 1760, Palacio de Versalles.
Louis Michel van Loo, Retrato de Denis Diderot, 1767, Museo do Louvre.

Traxectoria editar

Membro da estirpe dos Van Loo, estabelecida en Francia desde o século XVII, Louis Michel van Loo educouse so a dirección de seu pai, o pintor Jean-Baptiste van Loo, en Turín e en Roma. Recibiu o premio da Academia Real de Pintura e de Escultura en 1725. Pasou unha estancia en Roma entre 1727 e 1732 con seu tío, o pintor Charles André van Loo (1705-1765).

En 1736, converteuse no pintor oficial da corte do rei Filipe V de España en Madrid. Figurou entre os membros fundadores da Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid en 1752.

Regresou a Francia en 1753 e pintou varios retratos do rei Lois XV. En 1765, sucedeu o seu tío Charles-André como director da “École royale des élèves protégés” (Escola real de alumnos protexidos).

Era irmán dos tamén pintores François van Loo e Charles Amédée Philippe van Loo.

Principais obras editar

  • Filipe V, rei de España, e a súa familia, 1745, Madrid, Museo do Prado.
  • Filipe V, rei de España, e a súa familia, 1745, Museo nacional do Palacio de Versalles (esbozo).
  • Filipe V, rei de España, 1745, Versalles, Museo nacional do Palacio de Versalles (réplica; outra réplica no Museo de Parma).
  • Isabel Farnesio, raíña de España, 1745, Museo nacional do Palacio de Versalles.
  • Marie Thérèse Antoinette Raphaelle d'Espagne, delfina de Francia, Museo nacional do Palacio de Versalles
  • Pierre Carlet de Chamblain de Marivaux, 1753, París, Comédie-Française.
  • Carle van Loo e a súa familia, 1757, París, École des arts décoratifs.
  • Louis XV, rei de Francia e de Navarra, 1760, Museo nacional do Palacio de Versalles.
  • Louis Michel van Loo e súa irmá ao lado do retrato do seu pai, 1762, Museo nacional do Palacio de Versalles.
  • Louis Michel van Loo pintando o retrato de seu pai Jean-Baptiste van Loo, 1762, 1762, Museo nacional do Palacio de Versalles.
  • Étienne-François, duque de Choiseul-Stainville, 1763, Museo nacional do Palacio de Versalles.
  • Retrato de Carle van Loo, 1764, Museo nacional do Palacio de Versalles.
  • O marqués de Pombal mostrando a reconstrución de Lisboa, 1766, Museo da Cidade de Lisboa.
  • Retrato de Denis Diderot, 1767, París, Museo do Louvre.
  • Germain Soufflot, 1767, París, Museo do Louvre.
  • Laure de Fitz-James, princesa de Chimay, 1767, Museo nacional do Palacio de Versalles.
  • Louis Phélypeaux, conde de Saint-Florentin, duque de La Vrillière, 1769, Museo nacional do Palacio de Versalles.
  • Retrato de Jean Rodolphe Perronet, París, Museo do Louvre.
  • O concerto español, 1768, San Petersburgo, Museo do Ermitage.
  • Retrato do marqués de Marigny e a súa muller, 1769, París, Museo do Louvre.
  • Louis-Auguste, duque de Berry, 1769, Museo nacional do Palacio de Versalles.
  • Philippe de France, conde de Artois, 1770, Museo nacional do Palacio de Versalles.
  • Luís XVIII (entón conde da Provenza), 1770, Museo de Épinal. Réplica de 1771 no Museo Nacional do Palacio de Versalles.
  • Retrato do cabaleiro Jacques de Heusy, 1771, Fundación Rei Balduíno.