Armida (Dvořák)

Armida é unha ópera en catro actos con música de Antonín Dvořák e libreto en checo de Jaroslav Vrchlický, baseado na obra de Torquato Tasso La Gerusalemme liberata. Trátase da última ópera composta por Dvořák, que morrería dous meses despois da súa estrea (a cal non puido asistir por estar xa moi enfermo), que tivo lugar no Teatro Nacional de Praga o 25 de marzo de 1904. A ópera non tivo grande éxito na época. A partitura foi publicada co opus nº 115 en 1941.

Armida
FormaÓpera
Actos e escenas4 actos
Idioma orixinal do libretoCheco
LibretistaJaroslav Vrchlický
Fontes literariasLa Gerusalemme liberata de Torquato Tasso
Estrea25 de marzo de 1904
Teatro da estreaTeatro Nacional
Lugar da estreaPraga
Música
CompositorAntonín Dvořák
Personaxes

Véxase personaxes

Polo que respecta ao xénero, Armida representa a culminación da experimentación do compositor checo co estilo de composición operística wagneriano, aínda que a meirande parte da música pertence ao propio estilo de Dvořák. O libreto de Vrchlický aseméllase ao que Philippe Quinault escribiu para a ópera homónima de Jean-Baptiste Lully.

Armida atrae polo tratamento do conflito entre o cristián e o non cristián e entre o amor e o deber.

Personaxes editar

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 25 de marzo de 1904
(Condutor: - )
Rei Hydraot de Damasco baixo Emil Pollert
Armida, súa filla soprano Růžena Maturová
Ismen, un príncipe e mago barítono Bohumil Benoni
Petr, un hermitaño baixo Václav Kliment
Bohumir, comandante dos Francos barítono Václav Viktorin
Rinald, un cruzado tenor Bohumil Pták
Dudo tenor Bedrich Bohuslav
Sven tenor Adolf Krössing
Roger tenor Hynek Svejda
Gernand baixo Robert Polák
Ubald baixo Frantisek Sír
Hlasatel, un heraldo baixo Otakar Chmel
Muezin barítono Jan Vildner
Serea soprano Marie Kubátová
Unha ninfa soprano Vilemína Hájková
Coros de demos, ninfas, sereas, espíritos, cabaleiros etc.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • La Ópera de la A a la Z, Naxos

 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.