Ariovisto, en latín Ariovistus, foi un líder dos suevos e doutros pobos xermánicos aliados no segundo cuarto do século I a. C. El e os seus seguidores participaron na Guerra das Galias, axudando aos arvernos e aos sécuanos a derrotar aos seus rivais, os eduos. Despois instaláronse en gran cantidade no territorio galo conquistado, na rexión de Alsacia. Foron derrotados, con todo, na batalla dos Vosgos e expulsados polo río Rin no 58 a. C. por Xulio César.

Infotaula de personaAriovisto

(1873) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Ariovistus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento101 a. C. Editar o valor em Wikidata
Morte54 a. C. Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
Xermania Magna Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadesen valor Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónXefe tribal Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército romano Editar o valor em Wikidata
Rango militarpraefectus cohortis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoBatalha de Vosges (pt) Traducir e Batalha de Magetóbriga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Ariovisto e os acontecementos dos que formou parte son coñecidos polos comentarios no Bellum Gallicum de César.[1] César, como participante dos acontecementos, é unha fonte primaria, pero como os seus commentarii eran en parte políticos, pódese sospeitar o nesgo da información. Historiadores posteriores, especialmente Dión Casio, desconfían dos seus motivos.[2][3]

Notas editar

  1. Caesar, Gaius Julius. Bellum Gallicum [A guerra da Galia]. 
  2. Casio, Dión. Ρωμαϊκή Ἰστορία Rhōmaikē Historíā [Historia romana]. 
  3. Plutarco, Mestrio. "Vida de César". Vidas paralelas.