Ariel Ortega

futbolista arxentino

Ariel Arnaldo Ortega, máis coñecido como Burrito Ortega, nado o 4 de marzo de 1974 en Ledesma, Provincia de Jujuy (Arxentina) é un exfutbolista que xogaba nas demarcacións de centrocampista e dianteiro.

Ariel Ortega
Información persoal
Nome Ariel Arnaldo Ortega
Nacemento 4 de marzo de 1974
Lugar de nacemento Libertador General San Martín
Altura 170 centímetros
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1991–1996 River Plate 134 (30)
1997–1998 Valencia CF 29 (9)
1998-99 UC Sampdoria 27 (8)
1999-2000 Parma FC 18 (3)
2000-2002 River Plate 56 (23)
2002-2003 Fenerbahçe SK 14 (5)
2004-2006 Newell's Old Boys 53 (11)
2006-2011 River Plate 82 (12)
2008-2009 CS Independiente Rivadavia 25 (4)
2011 CA All Boys 12 (0)
2012 CA Defensores de Belgrano 5 (0)
Selección nacional
1993-2010 Selección de fútbol da Arxentina 87 (17)
Na rede
IMDB: nm4569283 FIFA: 78384 UEFA: 44722 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formado nas categorías inferiores debutou co primeiro equipo de River Plate o 14 de decembro de 1991, facéndose rapidamente cun oco no primeiro equipo e chegando a formar unha das mellores dianteiras do momento xunto a Enzo Francescoli e Hernán Crespo.

En 1997 emigra a Europa fichado polo Valencia CF, porén as malas relacións co adestrador fan que so milite no equipo valenciano unha tempada, sendo traspasado ao UC Sampdoria onde tamén estivo só un ano, ao volver a River Plate no ano 2000.

Dous anos máis tarde foi traspasado ao Fenerbahçe SK, pero incumpriu o seu contrato e en 2003 volveu a Arxentina, polo que ante a denuncia do club turco foi inhabilitado para a competición oficial. Un ano despois o club arxentino CA Newell's Old Boys negociou co Fenerbahçe e conseguiu arranxar a situación e fichar ao xogador.

No ano 2006 volveu outra vez a River, alcanzando un gran nivel e sendo un dos mellores xogadores do país. O ano 2008 pasouno cedido no Independiente Rivadavia a causa de problemas persoais, ao cabo do mesmo volveu a Buenos Aires para volver saír cedido a All Boys en 2011. Unha vez finalizada a segunda cesión River Plate ofreceulle formar parte do equipo técnico pero declinou a oferta e xogou un último ano no Defensores de Belgrano da terceira división arxentina.

Na Selección da Arxentina editar

Foi convocado por primeira vez coa selección en 1993 nun encontro amigábel contra Alemaña. Nos seus 87 encontros coa selección disputou tres Mundiais: Estados Unidos 1994, Francia 1998 e Corea e o Xapón 2002.

Tras anos sen ser convocado, dende a suspensión da FIFA, en 2010 foi convocado polo por aquel entón adestrador do equipo Diego Armando Maradona, para xogar un último encontro coa selección.

Palmarés editar

Títulos nacionais editar

Título Club País Ano
Torneo Apertura River Plate   Arxentina 1991
Torneo Apertura River Plate   Arxentina 1993
Torneo Apertura River Plate   Arxentina 1994
Torneo Apertura River Plate   Arxentina 1996
Supercopa de Italia Parma FC   Italia 1999
Torneo Clausura River Plate   Arxentina 2002
Torneo Apertura Newell's Old Boys   Arxentina 2004
Torneo Clausura River Plate   Arxentina 2008

Títulos internacionais editar

Título Club País Ano
Copa Libertadores River Plate   Arxentina 1995

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar